Noticias
Blog

Ourense, 19 de outubro de 2011.- Hoxe tivo lugar nos Xardíns do Padre Feijóo a presentación da candidatura do Partido Popular de Ourense ás Eleccións Xerais do vindeiro 20 de novembro. O acto contou coa presenza do presidente provincial do PP, Manuel Baltar; do secretario provincial, Rosendo Fernández, e dos candidatos e candidatas que integrarán as listas populares de Ourense ao Congreso e ao Senado.
Manuel Baltar reiterou que o obxectivo do PPOU nos comicios das Xerais é recuperar o terceiro deputado popular por Ourense e manter os actuais tres representantes na Cámara Alta, e dixo que este país precisa dun Goberno "que sexa todo o contrario ao que tivemos os últimos anos, e só hai un partido político que é capaz de saír de situacións difíciles: o Partido Popular". Asemade, pediu seu apoio "para un galego", Mariano Rajoy, "que será quen levará o temón de España durante os próximos anos".
Entre as principais propostas, Baltar asegurou que comparecen nas urnas dous modelos, "un modelo socialista que sabemos que significa: desemprego, desprestixio internacional e caída de índices económicos; e un modelo popular, con experiencia de goberno e un modelo en positivo".
Os equipos para o Congreso e o Senado, conformados por dezaoito persoas, están encabezados por Celso Delgado e Carmen Leyte. Manuel Baltar subliñou que o reto para esta campaña é "alcanzar novamente os tres deputados e os tres representantes para o Senado", un obxectivo engadiu, "moi difícil" porque supón obter o 75% de representantes aínda que, precisou, alcanzable "co apoio dos cidadáns".
O presidente provincial destacou que o perfil das candidaturas é o dunha persoa cunha media de idade de 45 anos, casada, con fillos, "e por enriba de todo "ourensá".
Perfil dos candidatos:
CONGRESO:
1.- CELSO LUÍS DELGADO ARCE
Nado en Ourense, 53 anos de idade. Avogado.
Licenciado en Dereito. Máster en Administración de Empresas.
Secretario da Cámara de Comercio e Industria de Ourense en excedencia.
Deputado do Parlamento de Galicia. Vicepresidente 1º. 1997-2000
Deputado no Congreso, encabezando a candidatura popular en 2000, 2004 e 2008.
2008-2011. Portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Popular.
Presidente do Comité de Dereitos e Garantías do PP de Galicia.
Membro do Comité de Dirección e do Comité Executivo do PP de Galicia.
Membro da Xunta Directiva Nacional do PP.
2.- GUILLERMO COLLARTE RODRÍGUEZ
Nado en Ourense, 57 anos de idade.
Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, coa especialidade en Transportes, Portos e Urbanismo.
Enxeñeiro do Corpo Facultativo Superior da Comunidade Autónoma de Galicia.
Director Xeral das consellerías de Sanidade e de Educación da Xunta de Galicia e desenvolveu
diversas subdireccións xerais e xefaturas de servicio (1983-1995)
Director Xeral de ARPROMA, Empresa pública da Comunidade de Madrid (1996-2003)
Conselleiro-delegado e Director Xeral do Grupo Tragsa (2003-2006)
Conselleiro-delegado de Inmogestión SL,(2006-2008)
Director corporativo de Sertecsa (2008-2009)
Director corporativo Grupo Isolux-Corsán (2009-2011)
Concelleiro do Grupo Popular no Concello de Ourense
Xerente de Xestur Ourense S.A.
Membro do Comité de Campaña do PP de Ourense
3.- ANA BELÉN VÁZQUEZ BLANCO
Nacida en Bande (Ourense), 36 anos. Licenciada en Dereito.
Máster en Gestión Pública por el IESE de la Universidad de Navarra.Asesora Laboral e Fiscal.
Funcionaria do Corpo Superior na Administración Local.
ExPresidenta Provincial das Novas Xeracións do PP.
Deputada Nacional nas Lexislaturas VII, VIII e IX.
Exalcaldesa de Bande.
Membro do comité de dirección e do comité executivo do PP de Ourense.
Membro da Xunta Directiva do PP de G
Membro da Xunta Directiva Nacional do PP.
Membro do comité de campaña do PP de Ourense.
4.- JACKELINE ELIZABETH FERNÁNDEZ MACÍAS
Naceu en Venezuela, 24 anos. Licenciada en Administración e Dirección de Empresas.
Diplomada en Ciencias Empresariais.
Becaria Erasmus University West of Scotland (Paisley- Escocia)
Máster en Dirección e Planificación do Turismo
Certificado de Inglés Avanzado.
Técnico de Administración da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao.
Presidenta Local Novas Xeracións Castrelo de Miño.
Presidenta Provincial de Novas Xeracións do PP de Ourense.
Membro do comité de dirección e do comité executivo do PP de Ourense.
Membro do comité de campaña do PP de Ourense.
SUPLENTES
1.- LUIS ANTONIO CHAO GÓMEZ
Arquitecto.
Foi concelleiro no concello de Ourense e Senador.
Foi Presidente da Xunta Local do PP na cidade de Ourense.
2.- MARÍA LUISA VALLADARES
Médica.
Concelleira en Verín.
Foi deputada autonómica na pasada lexislatura.
3.- CESAR FERNÁNDEZ GIL
Profesor de ensino secundario.
Licenciado en Filosofía e Letras.
Concelleiro do PP en Ribadavia.
4.- MARISOL DÍAZ MOUTEIRA
Licenciada en Dereito.
Funcionaria do Corpo Superior da Xunta de Galicia.
Xefa territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
5.- JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
Xerente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense.
Xerente do Padroado de Turismo de Ourense.
Xerente do INORDE
SENADO
1.- MARÍA DEL CARMEN LEYTE COELLO
Nacida en Vigo, 58 anos. Médica.
High School en Bath, New York (1971-1972)
Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria
Médico do Servizo Galego de Saúde(1980.2008)
Alcaldesa de Cartelle dende 1991.
Senadora dende 2008.
Presidenta da Xunta Local do PP en Cartelle.
Secretaria provincial do PP de Ourense, 2002-2010.
Coordinadora provincial do PP de Ourense, membro do comité de dirección e do comité executivo.
Membro da Xunta Directiva do PP de Galicia.
Membro da Xunta Directiva Nacional do PP.
Suplente 1.- SUSANA VÁZQUEZ DORADO
Alcaldesa de Porqueira
Suplente 2.- JOSÉ ANTONIO ESTÉVEZ GÓMEZ
Presidente de NNXX. no Concello de Ourense
2.- MIGUEL PÉREZ DE JUAN ROMERO
Nacido en Ourense, 56 anos. Licenciado en Medicina e Cirurxía.
Especialista en Cardioloxía (Univ. Autónoma de México), Ecocardiografía (Methodist Hospital, USA),
Arritmias e Hipertensión Arterial.
Xefe do Servizo de Cardioloxía do CHOU dende 1995.
Director Cáritas Diocesana de Ourense dende 1989.
Presidente da Fundación Galega do Corazón.
Senador dende 2008.
Membro do comité executivo do PP de Ourense.
Membro da Xunta Directiva do PP de G.
Membro da Xunta Directiva Nacional do PP.
Suplente 1.- MANUEL CABAS LÓPEZ
Médico.
Concelleiro en Xinzo de Limia.
Suplente 2.- NURIA JARES GONZÁLEZ
Presidenta de NN.XX en O Barco de Valdeorras.
3.- FRANCISCO JOSÉ FERNÁNDEZ PÉREZ
Nado en Cortegada, 52 anos. Licenciado en Farmacia.
Titular da Oficina de farmacia de Leiro dende 1982.
Alcalde de Leiro dende 1995.
Deputado Provincial (1999-2003 e 2009-2011)
Presidente da Mancomunidade de concellos de O Ribeiro dende 2009.
Presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense, 2010-2011.
Presidente da Xunta Local do PP en Leiro.
Suplente 1.- JOAQUÍN BAUTISTA
Alcalde de Larouco.
Suplente 2.- PILAR MONTSERRAT CARIDE
Concelleira en O Carballiño
Concelleira en O Carballiño








