Blog

 Baltar fixa como obxectivo do PPOU acadar o 75% dos deputados en liza o 20-N

Imprimir ppou - 14-Outubro-2011 - 15:28:10 

Ourense, 14 de outubro de 2011.- A presidenta do PP de Cataluña, Alicia Sánchez-Camacho, estivo esta mañá participando en diversos actos organizados polo PPOU, entre eles un "Debate Popular" que tivo lugar na sede do partido.
Con anterioridade, a presidenta dos populares cataláns compartiu un almorzo informativo co presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, así como co portavoz municipal, Rosendo Fernández, e co cabeza de lista dos populares ourensáns nas vindeiras Eleccións Xerais do 20-N, Celso Delgado.
Manuel Baltar lembrou que o obxectivo do PPOU de cara aos próximos comicios é recuperar o terceiro deputado popular por Ourense e manter os actuais tres representantes na Cámara Alta. Sinalou que acadar o terceiro escano ourensán no Congreso "é difícil, pero non imposible. Hai que ter en conta que suporía acadar o 75% dos deputados en liza e, se extrapolamos os resultados nas pasadas Eleccións Municipais, teríamos o resultado esperado".

En resposta ás preguntas dos xornalistas sobre a renuncia da ex ministra Elena Espinosa a ocupar o número 2 da lista ourensá do PSOE ao Congreso, Manuel Baltar indicou que "non me gusta entrar nas liortas internas do resto de partidos. O que sei é que a xente quere comportamentos serios dos seus representantes políticos, polo que deixo que sexan os ourensáns os que xulguen este tipo de anuncios".
Sobre este asunto, Alicia Sánchez-Camacho dixo: "Es muy significativo que los ministros de Zapatero huyan de las listas. Demuestran así que no tienen proyecto ni nada que aportar a Galicia ni, en este caso, a Ourense".
A presidenta dos populares cataláns afirmou con rotundidade que "de Galicia va a salir el próximo presidente del Gobierno", lembrando que en Galicia está, precisamente, "el símbolo del cambio que se verá en España a partir del 20 de noviembre", en referencia á xestión de Alberto Núñez Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia. De feito, sinalou Alicia Sánchez-Camacho que moitas das iniciativas adoptadas polo Executivo Galego estanse a tramitar actualmente no Parlamento de Cataluña, como é o acceso aos medicamentos xenérico. "Las políticas llevadas a cabo en Galicia son un modelo a seguir", recalcou Alicia Sánchez-Camacho.
Por último, tanto Manuel Baltar como Alicia Sánchez-Camacho destacaron a Celso Delgado como "o mellor candidato para Ourense", do mesmo xeito que o cabeza de cartel amosouse"moi apoiado pola Dirección Provincial do Partido Popular".
Suscíbete:
Redes Sociales: