Noticias
Blog
O PP pide a comparecencia do director de obra de Montealegre na xunta de área
Ourense, 13 de outubro de 2011.- Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular Guillermo Collarte Rodríguez e Odilo Masid González, membros ademáis da xunta de área de Medio Ambiente, Vivenda, Peris e Aris do Concello de Ourense, rexistraron hoxe de xeito formal unha solicitude para que compareza o director de obra do presunto Xardín Botánico de Montealegre, co fin de que informe acerca da situación actual de dito proxecto.Deste xeito, se lle solicitará ao técnico que informe sobre as unidades de obra executadas e pendentes de executar, das actuacións que se van levar a cabo para a subsanación de defectos detectados e prazos previstos de fin de obra.
Esta petición responde a que no último pleno municipal do pasado 7 de outubro, o Bipartito rexeitou unha moción defendida polo PP na que se lle solicitaba ao alcalde a creación urxente dunha comisión informativa referida ao proxecto do Botánico de Montealegre. Os argumentos esgrimidos polo Bipartito para rexeitar dita petición foron que xa existe a xunta de área de Medio Ambiente para tratar este asunto. Asemade, o alcalde evitou durante toda a sesión plenaria pronunciar palabra algunha sobre este tema e mesmo no debate da moción, delegou a intervención na concelleira de Urbanismo, que non fixo referencia ás cuestións plantexadas (qué falta por facer, qué traballos se farán para subsanar os defectos da obra e o prazo previsto de finalización). É por este motivo polo que os concelleiros do PP solicitaron hoxe a comparecencia do director de obra na xunta de área de Medio Ambiente do vindeiro xoves 20 de outubro.







