Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP imparte un curso de formación para os novos concelleiros co obxectivo de reforzar a súa preparación en beneficio dos veciños

Imprimir ppou - 02-Xullo-2011 - 10:43:38 

A sede do Partido Popular de Ourense acolleu hoxe un curso de formación para os novos concelleiros que saíron elixidos tralas eleccións municipais de maio. O obxectivo do curso, organizado polo PPdeG e impartido por expertos en administración local, é profesionalizar o perfil dos concelleiros e reforzar a súa preparación na vida pública co fin de mellorar a xestión e asistencia aos veciños dos nosos concellos.
A xornada comezou coa inauguración do curso a cargo de César Blanco, responsable de Formación do Partido Popular de Ourense, tralo cal os relatores -un secretario de concello, un interventor e un avogado- desenvolveron as ponencias relativas ao funcionamento da administración local en materias de contratación, persoal e urbanismo.
No curso celebrado hoxe en Ourense participaron no apartado de Urbanismo, Juan Jesús Raposo Arceo. profesor titular de Dereito Civil na Universidade de A Coruña; no que atinxe a Organización e funcionamento do concello, Manuel Antonio Silva Romero, funcionario con habilitación nacional e secretario de concello cunha ampla traxectoria na administración local e autonómica; e finalmente o apartado de Contratación administrativa, persoal e facendas locais foi impartido por Miguel González-López Mosquera, funcionario con habilitación nacional e interventor do Concello de O Porriño. 
O Partido Popular está a levar a cabo por toda Galicia esta acción formativa, que ten como destino a impartición de cursos de formación aos 1.996 concelleiros populares que ten o partido en Galicia, dos cales 1.571 son edis de goberno. Este número tan importante de concelleiros, o maior de todas as forzas políticas, merece que a esta confianza depositada polos cidadáns no Partido Popular se responda con eficacia e eficiencia no traballo de xestión dos concellos, para o cal estes cursos de formación son un complemento moi importante.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: