Noticias
Blog
Luis Menor lembra que o 50 % da cidadanía ourensá dixo si ao Partido Popular o 18F porque confiaban no compromiso de Rueda con Ourense
15, febreiro, 2025.- O presidente provincial do PP, Luis Menor, lembrou hoxe no acto de aniversario da primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda que o 50 % da cidadanía ourensá dixo si ao Partido Popular porque confiaban no compromiso do presidente do PPdeG e da Xunta con Ourense.
Destacou Menor que o domingo cumprirase un ano da “extraordinaria mobilización” do Partido Popular de Ourense, que congregou no mitin de peche da campaña das autonómicas a máis de 5.000 persoas.
![]() |
Un acto que culminou un intensísimo traballo de máis de 100 actos políticos na capital e na provincia, por iso afirmou estar aseguro de que Ourense non ía fallar a Alfonso Rueda na procura da súa primeira maioría absoluta, “e Ourense non fallou”.
Non era doado, advertiu, pois en Ourense o partido atopábase nunha situación de transición orgánica e na provincia competíase cun partido máis en comparación co resto de Galicia.
Malia todo, alcanzáronse os obxectivos: 1 de cada 2 ourensáns votou ao Partido Popular; conseguíronse máis votos que a suma de todos os partidos con representación no Parlamento de Galicia; e mantivéronse os 8 parlamentarios conseguidos na anterior lexislatura.
O compromiso de Rueda con Ourense, destacou o presidente dos populares ourensáns, mesmo quedou plasmado nun documento de 12 propostas concretas, serias, rigorosas e realizables para a capital da provincia, “das que xa ten cumpridas ou en proceso o 60 %”.
Rueda pactou con Ourense, e a veciñanza de Ourense deulle ao Partido Popular a responsabilidade de cumprir as promesas, defender os seus intereses e reivindicar solucións, engadiu Menor, e a veciñanza de Ourense “deunos esa bandeira da reivindicación que imos defender e á que non imos renunciar”.
Afirmou que nos2028, os ourensáns poderán ver que Alfonso Rueda cumpriu os seus compromisos e presumirán dese Ourense e desa Galicia que funciona.
Dirixíndose ao presidente nacional, sinalou que Ourense defenderá a política seria, rigorosa e estable que tamén representa Alberto Núñez Feijóo, que tamén coñece a capacidade de mobilización do PPdeOU que permitiu conseguir ser a mellor provincia española nas eleccións europeas, co 51,04 % de apoio ao PP.