Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Comité Executivo do PP de Ourense aproba o inicia do calendario congresual na provincia coa convocatoria de cinco conclaves locais

Imprimir ppou - 28-Xaneiro-2025 - 17:32:48 


• Os primeiros congresos celebraranse nas agrupacións de Toén, Cenlle, A Bola, Maside e O Barco de Valdeorras. 

• Con estas cinco convocatorias danse novos pasos cara a “efectiva organización” do PP de Ourense e a constitución dos equipos que haberán de afrontar as eleccións municipais de maio de 2027

• O presidente provincial, Luis Menor, quen destacou a importancia que teñen estes órganos de representación do partido no territorio, “contribuíndo á consolidación da nosa formación en toda a provincia”.

28, xaneiro, 2025. O Comité Executivo de partido Popular de Ourense aprobou esta tarde o inicio do calendario congresual na provincia coa convocatoria de cinco conclaves locais correspondentes ás agrupacións de Toén, Cenlle, A Bola, Maside e O Barco de Valdeorras. 

  
  
A formación popular comeza así unha fase de consolidación das agrupacións locais da provincia, subliñou o presidente provincial, Luis Menor, quen destacou a importancia que teñen estes órganos de representación do partido no territorio, “contribuíndo á consolidación da nosa formación en toda a provincia”.

Esta presenza, engadiu o líder dos populares ourensáns, “é clave para o traballo político, pois unha organización estable e coordinada é fundamental para escoitar as necesidades da veciñanza e saber darlles resposta”.

O inicio deste período congresual prodúcese logo de consolidar a estrutura de organización do partido, coa constitución ao longo destes últimos meses das trece vicesecretarías, nove comités e quince áreas de traballo nas que se divide o partido.

Con estas cinco convocatorias danse novos pasos cara a “efectiva organización” do PP de Ourense e a constitución dos equipos que haberán de afrontar as eleccións municipais de maio de 2027. Nesta liña de traballo, o Comité Executivo aprobará en datas seguintes a convocatoria de máis congresos nas agrupacións locais da provincia.

As cinco primeiras convocatorias celebraranse o día 6 de marzo no Barco de Valdeorras; o 15 en Toén; o día 29 en Maside; o 4 de abril na Bola; e o día 5 en Cenlle.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: