Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Os deputados Miguel Viso e Cristina Campero se reúnen con gandeiros de Castro Caldelas para avaliar o preocupante incremento de ataques do lobo

Imprimir ppou - 20-Xaneiro-2025 - 11:03:11 


• Lembraron que os gandeiros teñen de prazo ata o 23 de xaneiro para solicitar as axudas da xunta para previr os ataques desta especie

• Insistiron na necesidade de que o Goberno central rectifique a súa decisión de incluír este animal no Lespre, unha decisión que “responde unicamente a criterios culturais e razóns ideolóxicas”

14 de xaneiro de 2025. Os deputados do Grupo Popular Miguel Viso e Cristina Campero mantiveron un encontro en San Xoán de Río con gandeiros da comarca de Castro Caldelas, na que recolleron a súa preocupación polos ataques que están a sufrir do lobo, sobre todo nesta zona de gandería en extensivo.

  
  
Miguel Viso e Cristina Campero, que estiveron acompañados polo alcalde, Miguel Pérez Blecua, e o voceiro do PP en Castro Caldelas, César Enríquez Diéguez, lembraron que os gandeiros teñen de prazo ata o vindeiro 23 de xaneiro para solicitar as axudas da Xunta para previr os ataques do logo ao sector gandeiro. 

En concreto, os propietarios de explotacións de gando bovino, ovino, cabrún, porcino de raza celta e equino, que figuren incluídas no Rexistro  Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia (Rega) poderán solicitar axudas para a instalación de valados fixos por un importe de ata 400.000 euros.

INCREMENTO DE ATAQUES E RESES AFECTADAS

Ademais, e por unha contía de 570.000 euros, a Xunta dispón de axudas para o sector gandeiro en extensivo para a contratación de persoal que desenvolva tarefas de pastoreo e manexo de reses co fin de protexer aqueles rabaños máis sensibles e susceptibles de sufrir un maior risco de predación. 

Miguel Viso insistiu na necesidade de que o Goberno central rectifique a súa decisión de incluír o lobo na listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial (Lespre), “porque responde unicamente a criterios culturais e a razóns ideolóxicas, pero non obedece a aspectos obxectivos nin ao seu estado favorable ao norte do río Douro”. 

Desde a inclusión do lobo no Lespre en setembro de 2021, os avisos por ataques incrementáronse en Galicia nun 72 por cento e o número de reses afectadas aumentou un 57 por cento. Así mesmo, os datos do censo elaborado pola Xunta estiman que a poboación desta especie se mantén estable na Comunidade galega, con arredor de 93 mandas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: