Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPdeG únese ao pobo venezolano na súa loita pola liberdade e en contra da tiranía bolivariana apoiada pola esquerda galega

Imprimir ppou - 09-Xaneiro-2025 - 20:30:35 


● A secretaria xeral, Paula Prado, estivo presente en Ourense xunto ao secretario executivo do PP no Exterior, Antonio Rodríguez Miranda

9 de xaneiro de 2025. O Partido Popular de Galicia amosa o seu apoio ao pobo venezolano na súa loita pola liberdade e a democracia ao tempo que lamenta que os partidos da esquerda galega opten polo silencio cómplice coa ditadura bolivariana, como fai o socialismo, ou directamente por defender os ideais dun tirano como Nicolás Maduro, como ocorre co BNG.

  
  
Así o manifestou a ampla representación do partido que participou esta tarde nas mobilizacións que tiveron lugar ao longo da xeografía galega: desde o Obelisco da Coruña ata a Praza Roxa de Santiago de Compostela, pasando pola Praza Maior tanto de Lugo como de Ourense ou a Praza Elíptica de Vigo.

En Ourense estiveron presentes, entre outros, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o secretario executivo do PP no Exterior, Antonio Rodríguez Miranda, que trasladaron a súa obrigada solidariedade como demócratas aos milleiros de venezoláns que encheron as urnas de votos pola liberdade e contra a tiranía.

Pola súa banda, os representantes do PP de Ourense destacan que sempre estiveron ao carón dos venezolanos para defender os seus dereitos e liberdades fundamentais: “Venezuela e os seus cidadáns merecen que se remate coa represión no país e comece a ansiada transición cara a unha democracia lexítima e soberana”. 

Como defensores do Estado de Dereito e das liberdades, os populares ourensáns reafirman que responderán sempre ás chamadas á mobilización para garantir a democracia en Venezuela.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: