Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Luis Menor avanza como reto para 2025 un “amplo período congresual” do PP de Ourense e agradece a “implicación e compromiso” da militancia

Imprimir ppou - 17-Decembro-2024 - 17:28:29 


• Na Xunta Directiva Provincial celebrada esta tarde, o presidente provincial mostrouse “especialmente orgulloso” polo traballo realizado no 2024, que vinculou ao centenar de novos afiliados inscritos desde o congreso provincial celebrado en xullo

• Na reunión aprobouse a constitución dunha xestora na agrupación de Barbadás, órgano provisorio que estará encabezado por José Manuel Freire Couto ata a celebración do congreso local

17, decembro, 2024. O Partido Popular de Ourense afrontará en 2025 un “amplo período congresual” para consolidar as agrupacións locais da provincia e tamén da cidade de Ourense. Así o avanzou o presidente provincial, Luis Menor, no transcurso da súa intervención ante a Xunta Directiva Provincial celebrada esta tarde na sede principal.

  
  
Luis Menor incidiu na “estabilidade e coordinación” que as agrupacións locais confiren ao PP no territorio, polo que a súa organización, dixo, é clave no traballo político. Neste contexto, a Xunta Directiva aprobou a constitución dunha xestora na agrupación de Barbadás, órgano provisorio que estará encabezado por José Manuel Freire Couto ata a celebración do congreso local. 

Este proceso, engadiu, permitirá “configurar os mellores equipos” coa vista posta nas municipais de 2027, para conseguir á súa vez a máis ampla representación na provincia para que “o PP siga a ter a bandeira da reivindicación en Ourense”.

CAPACIDADE DE MOBILIZACIÓN

O presidente provincial mostrouse “especialmente orgulloso” polo traballo realizado no 2024, onde o partido foi quen de demostrar que non hai nesta provincia formación política algunha “que teña a nosa capacidade de mobilización”.

Demostracións de unidade e fortaleza, lembrou, que quedaron reflectidas en convocatorias tales como o multitudinario mitin das autonómicas que encheu a cancha central do pavillón dos Remedios, o magosto da cidade ou, máis recentemente, o medio millar de militantes que acudiron á cea de Nadal do partido.

Unha “implicación e compromiso da militancia”, subliñou, que agora verase aumentada logo da incorporación dun cento de afiliados desde o congreso provincial de xullo, “o que demostra que a xente confía no noso traballo”.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: