Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Grupo Municipal Popular solicitará ao goberno local a constitución dunha comisión sociosanitaria

Imprimir ppou - 13-Decembro-2024 - 18:07:51 


• Tamén pedirá o PP a posta en marcha dun Plan Municipal de Saúde que inclúa, como mínimo, plans de acción para a Saúde Mental, a Alimentación Saudable, a Promoción da Actividade Física e a promoción da saúde Materno-Infantil

• Os populares destacan como fundamental para adoptar estas medidas a colaboración e participación de organizacións, asociacións, colectivos, entidades e profesionais da saúde

11 de decembro de 2024.O Grupo Municipal Popular defenderá no pleno ordinario de decembro unha moción para solicitar ao goberno local que constitúa unha Comisión Sociosanitaria e redacte un plan municipal de saúde. “O Concello ten competencias para mellorar a saúde da veciñanza en todas os niveis de idade, pode facer talleres de menús saudables ou lectura de bo etiquetado, campañas de concienciación para mellorar a saúde física e emocional, rutas saudables, ximnasia, talleres sobre saúde mental e programas para a saúde materno infantil entre outras moitas iniciativas”, explica a edil Inma Moreiras.

O Partido Popular destaca como fundamental en dito Plan Municipal a colaboración e participación de organizacións, asociacións, colectivos, entidades e profesionais da saúde durante o proceso de redacción e supervisión. “O Plan debe ser dinámico e participativo entre o Concello e a cidadanía basando o seu funcionamento en principios de adecuación e utilidade pública. Un proceso continuo, racional e aberto”, indica a concelleira.

Por último, os populares poñen de manifesto que para pór en marcha esta Comisión Sociosanitaria e desenvolver o Plan Municipal de Saúde, é preciso contar co soporte, o compromiso e a vontade política de toda a corporación. “A saúde foi, é e será sempre unha responsabilidade compartida entre as distintas institucións públicas. Cada un de nós xogamos un papel esencial na mellora e promoción da saúde pública”, conclúe a popular.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: