Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Grupo Municipal Popular solicitará ao goberno local a reapertura con carácter inmediato da piscina termal das Burgas

Imprimir ppou - 13-Decembro-2024 - 18:03:28 


• O PP establece tamén como requerimento para a apertura deste espazo termal que se cumpran todos os requisitos legais e técnicos para garantir o seu correcto funcionamento

• Os populares lembran que as obras contaron cunha subvención da Consellería de Economía da Xunta de Galicia de 200.000 para que a piscina se adecuase á nova normativa

• O Partido Popular lamenta que a piscina das Burgas, un dos recursos máis importantes da cidade a nivel turístico e de benestar, continúe pechada cando as obras xa remataron en maio deste ano

10 de decembro de 2024.O Grupo Municipal Popular defenderá no pleno ordinario de decembro unha moción para solicitar ao goberno local que reabra a piscina termal das Burgas con carácter inmediato, asegurando que se cumpren todos os requisitos legais e técnicos para garantir o seu correcto funcionamento. “As obras xa remataron en maio deste ano e dende entón, a concellería de termalismo amosa, constantemente, diferentes ‘trabas’ que impiden a reapertura”, asegura a edil Ana Méndez. “Trabas que se poderían axilizar para que este recurso tan importante para a cidade a nivel turístico e de benestar volva a funcionar”, continúa a concelleira.

Este espazo termal pechou as súas portas en marzo de 2020 debido as restricións do Covid, e cando finalizaron as restricións, a Consellería de Economía da Xunta de Galicia aprobou unha subvención por importe total de 200.000 euros para que o goberno local acondicionase e adecuase á piscina a nova normativa antes de reabrila de novo. ”En agosto de 2022 publicouse o concurso de licitación, pero non foi ata de xuño de 2023, case un ano despois, cando comezaron as obras, que tiñan un prazo de nove meses de execución”, lembra a popular.

O Partido Popular sempre apostou polo termalismo de Ourense, unha das grandes riquezas da cidade. De feito, era unha das medidas máis destacadas do seu programa electoral para as eleccións municipais. “Neste pleno pediremos a reapertura inmediata da piscina das Burgas, pero seguiremos traballando para conseguir un impulso de todas as zonas termais, porque os veciños así o demandan e porque o número de turistas que chegan a nosa cidade non deixa de aumentar”, conclúe a edil.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: