Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu compromiso coa inclusión, a igualdade e o respecto polas persoas

Imprimir ppou - 02-Decembro-2024 - 16:02:40 


• Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra mañá, martes 3 de decembro, a Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar e aprender, celebrar a diversidade e promover a conciencia social

2, decembro, 2024. “Man con man, somos iguais” é o título do manifesto que a Vicesecretaría de Política Social do Partido Popular de Ourense vén de elaborar con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra mañá martes, 3 de decembro, co fin de reafirmar o compromiso dos populares coa inclusión, a igualdade e o respecto polas persoas máis aló das súas capacidades, dado que todas elas posúen un valor único que aportan á sociedade. 

  
  
Así, no texto do manifesto o PP de Ourense comprométese no seu traballo diario a promover a inclusión como “fortaleza, necesidade que enriquece e multiplica”,  eliminar barreiras físicas, sociais e culturais a través de contornas accesibles e acolledoas; fomentar a empatía e o respecto, construíndo unha sociedade que valore a diversidade e respecte a dignidade individual; escoitar e aprender das persoas con discapacidade, as súas familias e entidades que loitan polos seus dereitos; celebrar a diversidade, valorando as habilidades e talentos únicos de cada persoa; e promover a conciencia social.

A Vicesecretaría de Política Social do Partido Popular ourensán sostén que “debemos avanzar cara un futuro onde a discapacidade non sexa un obstáculo, senón unha oportunidade para aprender, crecer e celebrar unha sociedade máis xusta, inclusiva e chea de posibilidades para todos e todas”. Por elo, apelan a actuar desde a unión, a escoita activa e o compromiso social baixo o parámetro da “igualdade sen límites”, pois deixan claro que “as persoas somos distintas, pero nunca inferiores. Somos iguais”.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: