Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N “A nosa porta está aberta, conta con nós”

Imprimir ppou - 22-Novembro-2024 - 18:01:37 


  A secretaria xeral do PPdeOU, Sandra Quintas, foi a encargada de dar lectura ao manifesto dos populares ourensáns con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres: “Queremos lanzar unha mensaxe de esperanza a todas as mulleres"

  A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia, demostrarlles que non están soas, e que poremos todo o noso esforzo como partido en erradicar esta lacra da nosa sociedade”

22, novembro, 2024. “A nosa porta está aberta, conta con nós”. É o lema escollido pola Vicesecretaría de Igualdade do Partido Popular de Ourense para conmemorar este 25N. Esa porta dos populares simboliza a esperanza cara unha saída á situación de violencia que sofren as mulleres vítimas, na liña que narraba a cantante Rozalén na súa canción “La Puerta Violeta”. 

  
  
Ao carón desa porta simbólica, os populares ourensáns sumaron mensaxes dirixidas ás mulleres que sofren a violencia nos seus fogares, tales como “non cales”, “cre en ti”, “ti podes”, “non o permitas”, “dá un paso adiante” ou “chama ao 016”. Ademáis, a secretaria xeral do PPdeOU, Sandra Quintas, foi a encargada de dar lectura ao manifesto dos populares ourensáns con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres: “Queremos lanzar unha mensaxe de esperanza a todas as mulleres, e sobre todo incidir na prevención e coordinación entre administracións para que as mulleres vítimas reciban o apoio e atención especializada que precisen”, dixo a secretaria provincial dos populares ourensáns. 

A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción de visibilización, concienciación e apoio, “o PP de Ourense quere poñerse do lado das mulleres vítimas de violencia, demostrarlles que non están soas, e que poremos todo o noso esforzo, o noso empeño e o noso traballo como partido en erradicar esta terrible lacra da nosa sociedade”.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: