Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Luis Menor defende o papel do Partido Popular como garante de “gobernos de estabilidade que abren novos camiños para o futuro da provincia”

Imprimir ppou - 14-Novembro-2024 - 18:13:54 


• Nunha reunión do Comité Comarcal do Carballiño aberto á militancia, o presidente provincial lamentou que mentres o Partido Popular dedícase a resolver os problemas dos cidadáns, por exemplo ultimando os orzamentos da Deputación para 2025, “outros partidos dedican o seu tempo a conspirar para desartellar o Goberno provincial”

• Toca facer un esforzo moi grande para conseguir demostrar que “Ourense non merece este tipo de política partidaria, que só fai troula e enreda con farsas -dixo-, mentres hoxe a Deputación ofrece un goberno organizado e unha xestión seria, rigorosa e mesmo innovadora”

14, novembro, 2024. O presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, defendeu hoxe o papel do PP como garante de “gobernos de estabilidade que abren novos camiños para o futuro da provincia”. Na sede dos populares do Carballiño, onde esta tarde celebrouse un Comité Comarcal aberto á militancia, Menor afirmou que só existe un modelo para seguir sendo a referencia política da provincia: “Ser un partido forte e unido, capaz de conseguir o apoio maioritario da cidadanía como demostramos cando nos chamaron ás urnas nas autonómicas e nas europeas”.
 
  
  
O presidente provincial lamentou que mentres o Partido Populartanto na provincia como na capital, dedícase a resolver os problemas dos cidadáns, por exemplo ultimando os orzamentos da Deputación para 2025, “outros partidos dedican o seu tempo a conspirar para desartellar o Goberno provincial”.

Por todo iso, dixo, toca facer un esforzo moi grande para conseguir demostrar que “Ourense non merece este tipo de política partidaria, que só fai troula e enreda con farsas, mentres hoxe a Deputación ofrece un goberno organizado e unha xestión seria, rigorosa e mesmo innovadora”.

O principal obxectivo do Partido Popular de Ourense é proporcionar a estabilidade necesaria para a gobernabilidade, “así como atraer dende tódalas institucións o maior investimento posible”, incidiu Luis Menor, referíndose ao pacto de goberno alcanzando no Carballiño entre o PSOE e o PP locais. Neste sentido, agradeceu o traballo do grupo municipal do Carballiño, que demostra o modelo comprometido de xestión do Partido Popular, “con traballo, rigorosidade, coherencia e responsabilidade logo do pacto co PSOE”.

Ademais de repasar a situación da comarca e escoitar aos representantes locais do partido, na reunión desta tarde o parlamentario autonómico Argimiro Marnotes foi o encargado de facer un repaso polos principais investimentos que para toda a comarca recolle o proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2025, destacando o impulso á nova área empresarial do Carballiño-Maside, que transformará este espazo no segundo parque empresarial máis importante da provincia, co que supón para a xeración de emprego.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: