Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo municipal popular celebra a achega económica de 300.000 euros que viña reclamando o PP para emerxencia social

Imprimir ppou - 14-Novembro-2024 - 18:01:10 


● O Partido Popular adianta que apoiará a modificación de crédito incluída no segundo dos plenos extraordinarios convocados para este venres, porque as necesidades das persoas están por riba de todo

13 de novembro de 2024.Despois de coñecer esta mañá que o venres haberá un segundo pleno extraordinario para debater unha modificación de crédito de 300.000 euros para paliar situacións de emerxencia social, o Grupo Municipal Popular celebra esta achega económica e pon de manifesto que leva meses traballando para conseguir unha mellora dos Servizos Sociais municipais.

Neste senso, o Grupo Popular reclamou esta modificación de crédito en reiteradas ocasións, despois de detectar este verán que aínda había 300 persoas pendientes da axuda de emerxencia social. Neste sentido, o Partido Popular adianta que apoiará dita modificación porque as necesidades das persoas están por riba de todo. 

De feito, o 30 de setembro xa se habilitaron en sesión plenaria extraordinaria, por unanimidade dos grupos da oposición, 800.000 euros para axudas sociais urxentes. 



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: