Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O presidente do PP de Ourense, Luis Menor, amosa o seu apoio á comunidade venezolana de Ourense e condena a falta de empatía do PSOE e o BNG

Imprimir ppou - 01-Outubro-2024 - 12:23:01 


• “Dende o PP sempre imos defender e protexer os dereitos fundamentais e as liberdades públicas, por iso, unha vez máis estamos aquí, ao lado da comunidade venezolana de Ourense para reclamar o fin da represión do seu país e o inicio dun proceso de transición a unha democracia”, asegura Luis Menor

• "Non estades sós, contades co apoio do PP de Ourense, e tamén de todo o PP de Galicia e de todo o PP Nacional, e por suposto seguiremos ao voso carón en todo o que precisedes”, destaca o popular 

• “Tanto os socialistas como os nacionalistas deberían sumarse á nosa veciñanza venezolana nas súas reivindicacións pacíficas, pero pola contra, o que levamos vendo ata o de agora é un silencio atronador do Goberno de Sánchez e un apoio á ditadura de Nicolás Maduro e ao sistema electoral venezolano do BNG”, lamenta o presidente

• “É hora de que deixen de ser cómplices das chantaxes do réxime venezolano, que rectifiquen, e recoñezan, igual que o fixo o PP, a Edmundo González como presidente electo lexítimo de Venezuela”, reivindica Menor

28, setembro, 2024. O presidente provincial Luis Menor encabezou esta tarde unha delegación de representantes do Partido Popular de Ourense que participaron na protesta pola liberdade de Venezuela, celebrada na Praza Maior da capital ao mesmo tempo que noutras ciudades españolas. Menor amosou novamente o seu apoio á comunidade venezolana que reside en Ourense. “Non estades sós, contades co apoio do PP de Ourense, e tamén de todo o PP de Galicia e de todo o PP Nacional, e por suposto seguiremos ao voso carón en todo o que precisedes”, destacou o popular.

  
  
Neste senso, o presidente subliñou que a postura do PP sempre será “en defensa dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas”. “Por iso, unha vez máis estamos aquí, ao lado da comunidade venezolana de Ourense para reclamar o fin da represión do seu país e o inicio dun proceso de transición a unha democracia”, continuou Luis Menor.

Por outra banda, o popular condenou a falta de empatía do Partido Socialista e do BNG coa comunidade venezolana, que vive no seu país unha crise política, económica e social, que se agravou dende o fraude electoral do 28 de xullo. “Tanto os socialistas como os nacionalistas deberían sumarse á nosa veciñanza venezolana nas súas reivindicacións pacíficas, pero pola contra, o que levamos vendo ata o de agora é un silencio atronador do Goberno de Sánchez e un apoio á ditadura de Nicolás Maduro e ao sistema electoral venezolano do BNG”, lamenta o presidente de PPdeOu.

Por último, Luis Menor reiterou, diante de todos os presentes o seu recoñecemento a Edmundo González como presidente electo lexítimo de Venezuela e o dereito soberano dos venezolanos para elixir ao seu representante de maneira democrática. “É hora de que o PSOE e o BNG deixen de ser cómplices das chantaxes do réxime venezolano e tamén recoñezan a Edmundo González como presidente electo lexítimo de Venezuela”, concluíu Menor.

nte de todos os presentes o seu recoñecemento a Edmundo González como presidente electo lexítimo de Venezuela e o dereito soberano dos venezolanos para elixir ao seu representante de maneira democrática. “É hora de que o PSOE e o BNG deixen de ser cómplices das chantaxes do réxime venezolano e tamén recoñezan a Edmundo González como presidente electo lexítimo de Venezuela”, concluíu.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: