Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular só apoiará as axudas sociais urxentes rexeitando o despilfarro económico e sen planificación do alcalde

Imprimir ppou - 01-Outubro-2024 - 12:00:57 


• O PP non estudará ningunha modificación de creto máis mentres non se desbloqueen os problemas en materia de persoal como o proceso de estabilización xa aprobado

• O PP só vota a favor da modificación de creto de servizos sociais para non causar un prexuízo moi grave ás persoas que menos teñen nesta cidade

• O goberno municipal ten a case 300 persoas cunha axuda de emerxencia social recoñecida sen pagala

Ourense, 25 de setembro de 2024. Despois da comisión de pleno celebrada hoxe, o Partido Popular adianta que só apoiará a modificación de creto relativa ás axudas sociais urxentes, por non causar un prexuízo moi grave ás persoas que menos recursos teñen nesta cidade, rexeitando así o despilfarro económico e sen planificación do alcalde.

“Non podemos esquecer que o goberno municipal ten a case 300 persoas cunha axuda de emerxencia social recoñecida, para cousas tan básicas como a comida, ou os pagos da luz, da auga e do gas, sen pagarlla”, lembra a portavoz, Sonia Ogando.

Polo tanto, tal e como asegura a popular “non estudaremos ningunha outra modificación de creto mentres non se desbloqueen todos os problemas existentes en materia de persoal, como por exemplo o proceso de estabilización xa aprobado e publicado no BOP”. “O alcalde pensa nesta materia que o Concello de Ourense é o corral da Pacheca”, engade a edil.

Con todo o caos que el mesmo xerou en materia económica e de cadro de persoal, a concelleira apunta que “é inconcebible que pida un millón de euros máis para festas cando xa gastou 4 veces máis o orzamento que tiña para este ano”. “E tamén é inconcebible que despois de esixirlle que pagase as débedas ás empresas e aos autónomos continúe tendo obras inauguradas dende fai 1 ano aínda sen pagar”, continúa.

Por todo isto, “reiteramos a nosa postura firme e responsable de aprobar só a modificación de creto relativa a servizos sociais”, conclúe Sonia Ogando


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: