Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Luis Menor avoga pola coordinación dos representantes electos do PP “para unir esforzos e intercambiar iniciativas de interese para o noso territorio”

Imprimir ppou - 06-Xullo-2024 - 19:47:47 


• Nas convocatorias de compromisarios e militantes na Limia e Verín, onde o candidato pechou o seu percorrido pola provincia, avanzou que preto dunha trintena de cargos permitirán articular unha comisión interparlamentaria provincial á que tamén poderán sumarse representantes políticos doutras zonas de Galicia ou de España para coñecer iniciativas de posible implantación na provincia
 
• Subliñou  a destacada presenza adquirida polo PP de Ourense no novo goberno galego, con 13 altos cargos ourensáns, máis o novo peso que adquiren as antigas xefaturas territoriais, agora direccións: “Semella que toda esta representación precisa dunha maior coordinación entre todas as administracións onde goberne o PP”
 
2, xullo, 2024. Xinzo de Limia e Verín foron esta tarde os escenarios de peche de campaña do candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, que rematou así o seu percorrido por todas as comarcas da provincia para dar a coñecer o seu programa de propostas.

  
  
Ante compromisarios e militantes, Luis Menor repasou as principais liñas de traballo que ofrece para dirixir ao PP ourensán, entre as que citou as vantaxes que supón ter o maior equipo de representantes electos pola provincia nas institucións provincial, autonómica e nacional, e que facilitarán “a unión de esforzos e o intercambio de iniciativas de interese para o noso territorio”.

Neste sentido asegurou que preto dunha trintena de cargos permitirán articular unha comisión interparlamentaria provincial na que participen os representantes populares nas Cortes Xerais, no Parlamento de Galicia e na Deputación, incluíndo a posibilidade de invitar ás xornadas de traballo que se convoquen a outros cargos políticos doutras zonas de Galicia ou de España para coñecer iniciativas de posible implantación na provincia.

“O Partido Popular é un partido de Goberno e, como tal, dirixe case o 60 % das entidades locais, a Deputación e, nun nivel superior, a Xunta de Galicia”, puntualizou o candidato, que subliñou  a destacada presenza adquirida polo PP de Ourense no novo goberno galego, con 13 altos cargos ourensáns, máis o novo peso que adquiren as antigas xefaturas territoriais, agora direccións: “Semella que toda esta representación precisa dunha maior coordinación entre todas as administracións onde goberne o PP”.

Con este obxectivo propuxo unha comisión que coordine o labor dos cargos do partido, informando sempre que así se precise daquelas iniciativas que desde instancias superiores afecten aos concellos ourensáns, ou ben informando os concellos ou representantes comarcais daqueles asuntos susceptibles de ser atendidos polos cargos autonómicos, incluídos os parlamentarios.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: