Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Luis Menor pide en Trives un partido que fuxa de inercias e aposte por anticiparse ás necesidades da cidadanía, “coas ideas da mocidade e as achegas da experiencia”

Imprimir ppou - 26-Xuño-2024 - 18:40:25 


• Lembra que o Partido Popular posúe unha das organizacións políticas xuvenís máis fortes, Novas Xeracións, que de continuo demanda ter máis voz no proxecto popular e ten capacidade para achegar “unha visión actual do partido e da sociedade”
 
• Formula  un Consello de Veteranos que reúna aos cargos do partido con máis traxectoria política, tanto os que estean en activo como os xa retirados, “recollendo toda esa bagaxe de experiencias e tomala en consideración á hora de facer política local, autonómica e nacional”

• Mostrouse partidario da posta en marcha dunha área específica de traballo sobre emigración. Ourense hai tempo que é unha provincia de acollida “e debemos responder coa máxima axilidade a aquelas persoas que se acheguen a nós atraídas polo noso proxecto político”
 
26, xuño, 2024. O candidato á presidencia do PP de Ourense, Luis Menor, avogou hoxe por un partido que fuxa das inercias a aposte pola anticipación para dar resposta ás necesidades e demandas da cidadanía, co concurso “das ideas da mocidade e as achegas da experiencia”.

  
  
En Pobra de Trives, onde tamén se deu cita a militancia e cargos locais das comarcas de Terras de Caldelas e Viana, Luis Menor destacou tres das propostas que inclúe no seu programa para liderar unha nova etapa no PP ourensán e fomentar anticipación.

Falou neste sentido da mocidade, afirmando que “non hai partido político que poda aspirar ao mañá se non ten en conta á xuventude. O Partido Popular, celebrou, ten unha das organizacións políticas xuvenís máis fortes, Novas Xeracións, que de continuo demanda ter máis voz no proxecto popular e ten capacidade para achegar “unha visión actual do partido e da sociedade”.

Unha das características singulares do PP, abondou, é a presenza entre os seus representantes públicos de persoas cunha longa experiencia en política. Así, formulou a creación dun Consello de Veteranos que reúna aos cargos do partido con máis traxectoria política, tanto os que estean en activo como os xa retirados, “recollendo toda esa bagaxe de experiencias e tomala en consideración á hora de facer política local, autonómica e nacional”.

Na apertura do partido á sociedade, Luis Menor mostrouse tamén partidario da posta en marcha dunha área específica de traballo sobre emigración. Ourense hai tempo que deixou de ser unha terra de emigrantes, para pasar a ser unha provincia de acollida, asegurou, “e debemos responder coa máxima axilidade a aquelas persoas que se acheguen a nós atraídas polo noso proxecto político”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: