Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Luis Menor ponse a disposición da militancia para ofrecer a Ourense un proxecto de partido e de goberno para a provincia: “tendes en min ao primeiro compañeiro”

Imprimir ppou - 25-Xuño-2024 - 16:50:10 


• No Ribeiro e Carballiño proseguiu a presentación da súa candidatura á presidencia do PP

• Para un labor máis eficiente dos representantes públicos en calquera área, pero cunha especial atención ao mundo local, propuxo recuperar o gabinete de asesoría xurídica “con persoas do partido de recoñecida traxectoria e valía”

• Formulou reactivar o Comité de Portavoces con encontros periódicos para coñecer a situación e necesidades nos concellos e ofrecer apoio mediante as máis diversas ferramentas

• Co obxectivo de axudar á mellor preparación dos representantes públicos propón unha área de formación, tanto para as persoas que se incorporan á vida política como para os dirixentes con experiencia

25, xuño, 2024. O candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe senllas reunións cos compromisarios das comarcas do Ribeiro e do Carballiño, onde se puxo a disposición da militancia para ofrecer a Ourense un proxecto de partido e de goberno para toda a cidadanía. “Tendes en min ao primeiro compañeiro”, dixo Menor, reafirmando o seu compromiso co partido e solicitando o voto dos representantes da militancia cara o 19º Congreso provincial extraordinario do PP ourensán.

  
  
No Parque Náutico de Castrelo de Miño e na sede local dos populares do Carballiño, o candidato explicou as súas propostas para dirixir o partido, entre as que destacou hoxe a necesidade de contar con órganos e liñas de funcionamento que asistan a alcaldes e portavoces.

Para un labor máis eficiente dos representantes públicos en calquera área, pero cunha especial atención ao mundo local, Luis Menor propuxo recuperar o gabinete de asesoría xurídica, “á fronte do cal situaranse a persoas do partido de recoñecida traxectoria e valía”.

Recoñeceu o candidato que o poder local do Partido Popular “non está acompasado cos resultados obtidos nas últimas citas electorais: autonómicas e europeas”, polo que advertiu que compre “construír unha alternativa real, efectiva e atractiva para a cidadanía cara ás eleccións municipais de maio de 2027”.

Partindo do papel fundamental que xogan os representantes do partido na oposición, Menor tamén formulou reactivar o Comité de Portavoces con encontros periódicos para coñecer a situación dos seus concellos, as súas necesidades, e ofrecer apoio mediante as máis diversas ferramentas.

Co obxectivo de axudar á mellor preparación dos representantes públicos populares propuxo crear un área de formación, tanto para aquelas persoas que se incorporan á vida política como para os dirixentes con experiencia, con temáticas a demanda segundo as necesidades que se detecten, tanto de xeito presencial como utilizando medios online para facilitar a participación.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: