Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Luis Menor, proclamado único candidato á presidencia do PP de Ourense

Imprimir ppou - 21-Xuño-2024 - 16:38:56 


21, xuño, 2024. A comisión organizadora do 19º Congreso provincial extraordinario do Partido Popular de Ourense acordou hoxe por unanimidade proclamar a Luis Menor como único candidato á presidencia do PP ourensán. Seguindo o establecido no artigo 20 do regulamento do conclave, a comisión puido comprobar que o precandidato reúne “os apoios estatutarios e regulamentariamente requiridos”. 

  
  
Entre estes requirimentos figura conseguir un mínimo de 75 avais entre os afiliados, estar adherido ao partido desde hai máis de 12 meses e estar ao corrente do pagamento das cotas e achegas por cargo.

O acordo da Comisión Organizadora supón que non se convocarán asembleas de votación de precandidatos entre os afiliados inscritos.

Na reunión tamén se convocou a campaña electoral interna para a elección do presidente do PP de Ourense, período que principiará mañá sábado, 22 de xuño, e rematará o 3 de xullo.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: