Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Luis Menor presenta 1.600 avais de afiliados en apoio a súa candidatura como presidente do Partido Popular de Ourense

Imprimir ppou - 20-Xuño-2024 - 17:44:33 


● Tras entregar os documentos á Comisión Organizadora do 19º Congreso provincial extraordinario, Luis Menor agradeceu a todos os afiliados que “confían na miña proposta para levar ao Partido Popular de Ourense ao máis alto e consolidarnos como unha alternativa política útil e de gobernos serios e responsables para Ourense” 

● As vitorias nas urnas e a resposta dos populares ourensáns ás súas propostas “son unha motivación extra para dar o paso e presentarme á presidencia dun partido no que vexo ilusión, moitas doses de entusiasmo e ganas de colaboración e traballo”

20, xuño, 2024. Luis Menor presentou esta mañá 1.600 avais de afiliados en apoio a súa candidatura á presidencia do Partido Popular de Ourense, cara o 19º Congreso provincial extraordinario que se celebrará o próximo 13 de xullo no Pazo dos Deportes Paco Paz na capital.

  
  
Tras facer entrega dos avais á Comisión Organizadora do congreso, Luis Menor quixo expresar en primeiro lugar o seu agradecemento a todos os afiliados que, coa súa sinatura, “confían na miña proposta para levar ao Partido Popular de Ourense ao máis alto e consolidarnos como unha alternativa política útil e de gobernos serios e responsables para Ourense”.

O candidato lembrou que hai máis de sete meses aceptou a responsabilidade de dirixir un período de transición no partido, presidindo unha xestora que coas limitacións propias deste órgano provisorio “logrou dous importantes trunfos electorais e mobilizar masivamente á militancia e simpatizantes”.

As vitorias nas urnas e a resposta dos populares ourensáns ás súas propostas “son unha motivación extra para dar o paso e presentarme á presidencia dun partido no que vexo ilusión, moitas doses de entusiasmo e ganas de colaboración e traballo”.

O congreso de xullo, engadiu Menor, vai pechar unha transición modélica no PP de Ourense, “coa posta en marcha dun equipo de dirección lexitimado polos afiliados e disposto a demostrar que, máis aló dos necesarios órganos directivos dun partido, o que verdadeiramente lle importa a esta formación é Ourense”.

Unha vez ratificada a precandidatura pola Comisión Organizadora, Luis Menor poderá iniciar o próximo 22 de xuño e ata o 3 de xullo a campaña electoral interna, que segundo avanzou desenvolverá mediante encontros cos compromisarios en cada unha das comarcas da provincia.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: