Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo municipal do PP alcanza un pacto de goberno cos socialistas para “dar estabilidade e abrir un camiño de progreso para Carballiño”

Imprimir ppou - 18-Xuño-2024 - 17:39:21 


• O Partido Popular asumirá tenencia de alcaldía durante os dous próximos anos e a presidencia da Corporación nos últimos doce meses 

• Máis aló de acordos políticos, afirman os populares, o verdadeiro obxectivo “é facilitar a gobernabilidade do Concello, así como conseguir os investimentos axeitados ás necesidades do municipio e para o benestar da cidadanía”


18, xuño, 2024. O grupo municipal do Partido Popular no Concello do Carballiño vén de alcanzar un pacto de goberno cos socialistas que permitirá ofrecer á cidadanía da vila “un tempo certo de estabilidade política a abrir un camiño de progreso”.

O pacto “nace da necesidade de conseguir que O Carballiño avance”, destaca o grupo municipal popular. Un acordo entre os representantes municipais de dúas formacións políticas que, máis aló das súas diferenzas ideolóxicas, “toman esta decisión pensando no benestar dos habitantes da vila e do conxunto do municipio”.

As dúas forzas máis votadas no Carballiño expresan a súa intención de manter ata o remate do mandato un pacto polo que o actual alcalde socialista seguirá presidindo a corporación municipal, pasando a ocupar a tenencia de alcaldía un representante do PP. 

No último ano de goberno local será o Partido Popular o que ocupe a alcaldía e o PSOE a tenencia. Tamén se establece unha representación equitativa nas distintas concellerías, aínda por pechar.

Esta é a parte política dun acordo, subliñan os populares, “que non se basea unicamente nun reparto de cadeiras nin responsabilidades”. O verdadeiro obxectivo, apuntan, “é proporcionar a estabilidade necesaria para a gobernabilidade do Concello, así como conseguir os investimentos axeitados ás necesidades do municipio e para o benestar da cidadanía, co traballo, o compromiso e as doses de negociación precisas ante as administracións nas que gobernan ambos partidos”.




(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: