Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense ratifica a súa contundente vitoria nas Eleccións Europeas con máis do 48 % do voto exterior, a primeira provincia de Galicia

Imprimir ppou - 14-Xuño-2024 - 20:56:06 


• Tralo reconto realizado hoxe na Xunta Electoral, o Partido Popular ourensán sitúase á cabeza da comunidade galega con seis puntos por encima da media
 
• Supera en 30 puntos ao PSOE e obtén unha diferenza superior aos 44 puntos fronte ao BNG

14, xuño, 2024. O Partido Popular de Ourense consolida a súa contundente vitoria nas Eleccións Europeas do pasado domingo con preto do 49 % de apoio no voto do Censo de Residentes Ausentes no Estranxeiro (CERA), cuxo reconto realizouse hoxe na Xunta Electoral.

Dun total de 2.318 votos válidos, os populares ourensáns conseguen 1.117, o que supón un 48,19%. Estes datos significan que o PP de Ourense sitúase de novo como a primeira formación popular de Galicia en apoio electoral, tamén no voto CERA, e seis puntos por encima da media galega (41,52%). 

Logo de Ourense, a seguinte provincia en apoio é Lugo (42,12%), seguido da Coruña (40,19%) e Pontevedra (38,39%).

Na provincia ourensá, o Partido Popular supera en 30 puntos ao PSOE (404 votos, cun 17,43%) e obtén unha diferenza superior ao 44 puntos fronte ao BNG (94 votos e un 4,06%).

O líder provincial dos populares, Luis Menor, expresa a súa satisfacción por este “novo e inapelable” resultado, que vén de “apuntalar a liña ascendente de apoio electoral” que está a colleitar o partido, enviando o seu agradecemento aos máis de mil votantes que escolleron a papeleta do PP “lonxe da súa terra”.

Os resultados do domingo máis o voto CERA reflicten un dato final de apoio ao PP de Ourense nas Europeas do 51,04 %, case o dobre que o PSOE (25,84 %) e preto de 40 puntos máis que o BNG.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: