Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Luis Menor e José González pechan en Bande campaña para as Eleccións Europeas logo de máis de 50 actos e a participación de máis de 3.000 persoas

Imprimir ppou - 07-Xuño-2024 - 17:44:07 


• O líder popular mostrou a súa satisfacción pola capacidade do PP para programar quince días de intensa actividade, nos que se celebraron algo más de medio cento de actos na provincia: “Demostramos que para este partido non hai eleccións de segunda nin terceira”

• José González, incidiu no compromiso do Goberno galego por acadar un emprego de calidade, impulsar a competitividade do tecido comercial e por reforzar a aposta polo retorno das galegas e galegos do exterior para a traer talento á terra.

7 xuño, 2024. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, participaron esta tarde en Bande nun encontro comarcal cara ás Eleccións Europeas do próximo domingo, co que os populares ourensáns pecharon quince días de intensa actividade nos que se celebraron algo más de medio cento de actos na provincia coa participación de máis de 3.000 persoas. 

  
  
Un dato -o número de actividades- que o propio Luis Menor non quixo que pasara desapercibido, “xa que demostramos que para este partido non hai eleccións de segunda nin terceira”. Nestas europeas, abondou, “xogámonos moito máis que unha ampla representación popular en Europa; xogámonos o respecto ás decisións da cidadanía, ao estado de Dereito, á igualdade e á convivencia”.

Ourense, dixo o líder provincial,  vai demostrar o domingo, unha vez máis, “que  prefire gobernos comprometidos coas súas xentes e non partidos que fuxen do veredicto das urnas”. A provincia necesita dun partido forte en Europa para que se sigan impulsando políticas de cohesión, “como as que nos permitiron desenvolver en todos estes anos proxectos europeos de gran interese”, remarcou Menor.

COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO POLO EMPREGO DE CALIDADE

José González, incidiu no compromiso do Goberno galego por acadar un emprego de calidade, impulsar a competitividade do tecido comercial e por reforzar a aposta polo retorno das galegas e galegos do exterior para a traer talento á terra.

Nesta liña, puxo como exemplo iniciativas en marcha como as de apoio ao emprendemento, entre elas, os Polos, o asesoramento e cualificación das persoas emprendedoras e a busca de novas alternativas de negocio mediante a implantación de proxectos piloto como colivings e coworkings. 

Ademais destacou a aposta da Xunta por avanzar na escoita activa con todos os sectores e na reactivación do diálogo social para mellorar todas as políticas en beneficio da comunidade. Neste sentido, José González subliñou que o PP está traballando arreo por Galicia, pola provincia de Ourense e, en particular por Bande, impulsando e dinamizando a economía, fomentando o emprego por conta allea e o autónomo, simplificando os trámites e a percepción das axudas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: