Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O candidato Adrián Vázquez destaca o labor de promoción dos viños ourensáns que realiza Europa a través de liñas de financiamento e acordos bilaterais con outros países fóra da UE

Imprimir ppou - 06-Xuño-2024 - 17:33:19 


• No seu último acto de campaña na provincia de Ourense, cunha cea-mitin celebrada en Arnoia, Vázquez destacou que todo selo de calidade -denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida- “supón un recoñecemento de Europa ás características senlleiras e diferenciais dun produto”, ademais de ser unha especial protección por parte de Europa

• No mesmo acto, o líder dos populares ourensáns, Luis Menor, subliñou que o voluntariado de máis de 300 interventores e preto de 600 apoderados “é o mellor exemplo do compromiso da militancia que pode dar calquera partido”

6, xuño, 2024. O candidato do Partido Popular ás Eleccións Europeas, Adrián Vázquez, destacou hoxe o labor de promoción dos viños ourensáns que realiza Europa a través de liñas de financiamento, a protección das producións a través dos selos de calidade ou mediante acordos bilaterais de comercio con outros países fóra da Unión Europea.

  
  
Adrián Vázquez, no seu último acto de campaña na provincia de Ourense, participou esta tarde-noite nunha cea-mitin celebrada en Arnoia.

Ante cargos do partido e militantes na comarca do  Ribeiro, Adrián Vázquez subliñou a decidida posta en valor que a Comisión Europa fai dos produtos con alto valor engadido, “e aí está o viño”, puntualizou.

Nesta aposta, dixo, enmárcanse as liñas de subvención dos Estados membros para financiar a promoción dos viños, que no caso do Ribeiro permitiu un salto de calidade nos últimos anos tanto no mercado nacional como nos internacionais.

Adrián Vázquez quixo destacar que todo selo de calidade diferenciado, sexa denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, “supón un recoñecemento de Europa ás características senlleiras e diferenciais dun produto”. Estes selos, ademais, supoñen unha especial protección a produtos por parte de Europa, que a través de acordos bilaterais de comercio con outros países, fóra da órbita da UE, procuran o recoñecemento automático deses produtos, “caso de Xapón, mercado no que onde o Ribeiro entrou con garantías”.

Todo un apoio, engadiu por último, que trae consigo tamén “a promoción dos territorios onde se producen eses viños e de todos os seus recursos”.

LUIS MENOR DESTACA A MOBILIZACIÓN DE MÁIS DE 900 INTERVENTORES E APODERADOS NA PROVINCIA

O líder dos populares ourensáns, Luis Menor, destacou pola súa banda a capacidade de mobilización da maquinaria do PP, que para estas eleccións vai contar con máis de 900 interventores e apoderados para contribuír ao correcto desenvolvemento da xornada electoral do domingo.

Máis de 300 interventores e preto de 600 apoderados “é o mellor exemplo do compromiso da militancia que pode dar calquera partido”, asegurou o presidente do PP, quen destacou que “en Ourense ningunha formación pode compararse con nós á hora de contar con este número de voluntarios, por iso somos quen de chegar a toda a provincia e cidade”.

Menor agradeceu e recoñeceu o “inmenso traballo” que realizan os representantes do partido nos colexios electorais, poñendo en valor a súa dispoñibilidade nun ano con catro procesos electorais, “sempre dispostos a responder á chamada do partido”. 

Luis Menor aproveitou tamén para agradecer “o gran traballo” realizado por Adrián Vázquez na provincia de Ourense durante esta campaña electoral, na que participou nunha ducia de actividades. Con motivo do seu último acto na provincia, o presidente do PP pediu ao candidato que unha vez estea nas institucións europeas, “porque as urnas van darlle a confianza necesaria para elo”, contribúa desde Europa a que Ourense sexa coñecida polos seus recursos e potencial”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: