Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Martínez Allegue defende a importancia dos fondos europeos para o desenvolvemento do rural e do sector primario ourensán

Imprimir ppou - 04-Xuño-2024 - 19:03:54 


• Nun mitin comarcal celebrado hoxe en Xinzo de Limia con motivo das Eleccións Europeas, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas subliñou que tamén son básicas “as políticas que deseñamos desde Galicia e que inciden de xeito decisivo nas vosas vidas”. Así, mencionou, nos últimos anos a Xunta ten investidos máis de 7 millóns de euros na mellora da mobilidade na comarca da Limia mediante acondicionamentos de viais

• Nunha das maiores zonas agrícolas e gandeiras da comunidade, Luis Menor asegurou que para o PP o sector primario é unha prioridade, contexto no que enmarcou a proposta popular para a creación dunha comisaría específica de agricultura

4, xuño, 2024. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, defendeu hoxe en Xinzo de Limia a importancia dos fondos europeos para o desenvolvemento do rural e do sector primario ourensán, como “parte fundamental e motor da nosa economía”.

  
  
Na capital da comarca da Limia, Martínez Allegue participou nun mitin do Partido Popular de Ourense, acompañada polo seu presidente, Luis Menor, no marco da campaña ás Eleccións Europeas do próximo domingo.

Malia a importancia dos fondos europeos, a conselleira puntualizou que tamén son básicas “as políticas que deseñamos desde Galicia e que inciden de xeito decisivo nas nosas vidas”. Así, mencionou, nos últimos anos a Xunta de Galicia ten investidos máis de 7 millóns de euros na mellora da mobilidade na comarca da Limia mediante acondicionamentos de viais.

Lembrou tamén o deseño dun plan Hurbe que permitirá a mellora de rúas do casco histórico de Xinzo, cun investimento que supera os 800.000 euros e que permitirá a posta en valor deste conxunto histórico de enorme atractivo.

María Martínez advertiu na súa intervención que o 9 de xuño “temos unha cita crucial co futuro da nosa terra”. Nun momento onde Europa enfronta desafíos importantes, desde a transición enerxética ata a xestión da migración e a dixitalización, “é fundamental que a nosa soe con forza e claridade”.

O Partido Popular, engadiu, representa o mellor compromiso de traballo  incansable, afastado de liortas e loitas de poder, de intereses non desexados nin políticas improvisadas: “O único proxecto que quere liderar unha Europa segura, próspera e, sobre todo unida”.

LUIS MENOR: O PP GARANTE AS POLÍTICAS QUE PROTEXEN O CAMPO

Pola súa banda, o líder popular PP de Ourense, Luis Menor, pediu o voto para o PP como garante das políticas que protexen o campo, aos traballadores e ás empresas do sector primario, “fronte á ruína para o rural que supón Sánchez”.

Nunha das maiores zonas agrícolas e gandeiras de Galicia, Luis Menor asegurou que para o PP o sector primario é unha prioridade. Neste contexto enmarcou a proposta popular para a creación dunha comisaría específica de agricultura que, entre outras, teña competencias específicas en materia de auga. 

“Aí está xa o Partido Popular de Ourense -dixo Luis Menor- que a través da Deputación colabora xunto con outras administracións na ampliación, mellora e modernización do regadío na Limia”.

Afirmou tamén que o PP ten unha implantación tan forte no territorio “que ninguén pode dicirnos que non saibamos das necesidades e demandas das mulleres e homes do campo”, citando como exemplo do compromiso popular co sector primario “o importantísimo traballo que desenvolve o centro agrogandeiro da Deputación de Ourense, ofrecendo apoio e asistencia a agricultores e gandeiros para conseguir maior produtividade dun xeito sostible nas súas explotacións”, sen esquecer tamén o centro agroforestal de Riós, onde os mellores técnicos traballan para conseguir unha axeitada explotación da castaña.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: