Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Luis Menor denuncia o abandono das comunicacións en Valdeorras fronte á Europa que aposta pola mobilidade sen fronteiras

Imprimir ppou - 03-Xuño-2024 - 00:03:30 


1, xuño, 2024. O presidente dos populares ourensáns, Luis Menor, denunciou hoxe o abandono das comunicacións por estrada e ferrocarril en Valdeorras, fronte a unha Europa que aposta pola mobilidade de persoas e mercadorías sen fronteiras. Luis Menor participou esta tarde nun encontro con alcaldes, portavoces, concelleiros e militantes do partido na comarca, nun acto de campaña organizado con motivo das Eleccións Europeas do próximo 9 de xuño.

  
  
Nunha Europa que aposta pola conexión dos territorios, criticou, resulta inadmisible que o Goberno de Sánchez demore ou paralice proxectos importantísimos de comunicacións para Valdeorras. Así denunciou o enorme retraso na execución das obras de circunvalación do Barco, que deberían estar rematadas en 2022 pero que hoxe nin chega á metade da súa execución.

Seis anos despois da chegada de Sánchez á Moncloa, engadiu, aínda non foi quen de licitar ningún dos tramos da  autovía A-76, unha infraestrutura esencial para as comunicacións co interior de Galicia e para conectar as comarcas de Valdeorras e O Bierzo, afectando en xeral ás conexións entre Galicia e Castela e León.

Ademais, advertiu, os valdeorreses non poden seguir sufrindo o “tremendo” deterioro da estrada N-120, cun trazado antigo, inseguro e absolutamente deficiente no seu mantemento.

Lamentou que Sánchez abandoara á súa sorte aos habitantes da comarca de Valdeorras, tamén en infraestruturas y servizos ferroviarios, outro pesado lastre para a competitividade e progreso da comarca, illando aos propios ourensáns e turistas dunha zona de espectaculares paisaxes, de excelentes viños, dun patrimonio natural e histórico como poucos e dunha gastronomía de primeira.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: