Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Adrián Vázquez pon en valor o traballo desenvolvido polo do PP en Europa para aumentar a protección do sector vitivinícola

Imprimir ppou - 30-Maio-2024 - 17:17:17 


• O candidato lembrou a enorme importancia desta actividade en territorio galego, “que se reflicte no feito de que o 39,9% dos viticultores de España está en Galicia, o que supón que a comunidade autónoma ten o maior número de viticultores, con case 220.000 persoas cultivando vides”
 
• O sector estivo moi presente na actividade lexislativa do Parlamento Europeo, onde outro dos fitos importantes foi evitar “a demonización do viño grazas ás emendas presentadas por la delegación do Partido Popular, ao impedir que cualificara o consumo responsable e moderado do viño como prexudicial para a saúde”

30, maio, 2024. O candidato do Partido Popular ás Eleccións Europeas, Adrián Vázquez, puxo hoxe en valor o traballo desenvolvido polo grupo popular no Parlamento Europeo para defender o sector vitivinícola, a protección das denominacións de orixe e das indicacións xeográficas protexidas (IXP), así como evitar “que se criminalizase o consumo dun produto que en Galicia xera en torno a 890 millóns de euros ao ano de Valor Engadido Bruto (VEB).

  
  
Adrián Vázquez fixo estas declaracións no Ribeiro, onde comezou a xornada de tarde desta campaña electoral visitando unha das súas adegas. Logo de percorrer as instalacións e os viñedos, o candidato lembrou a enorme importancia deste sector en Galicia, “que se reflicte no feito de que o 39,9% dos viticultores de España está en Galicia, o que supón que a comunidade autónoma ten o maior número de viticultores, con case 220.000 persoas cultivando vides”. 

Vázquez tamén repasou o peso económico que ten esta actividade, representada na maioría dos casos por microempresas, con forma xurídica de cooperativa, e que xera preto de 16.000 empregos a tempo completo e con presenza en 150 concellos, “o que fala ben ás claras da súa implantación no territorio galego”.

Destacou o candidato que o sector vitivinícola estivo moi presente na actividade lexislativa do Parlamento Europeo ao longo último mandato, participando o PP na reforma do Regulamento de Indicacións Xeográficas, que outorga maior protección xurídica aos viños, mellora os controis no mercado, nos puntos de venda, e evita o uso ilegal de denominacións e indicacións en internet.

Outro dos fitos importantes no Parlamento Europeo foi evitar “a demonización do viño grazas ás emendas presentadas por la delegación do Partido Popular, ao impedir que cualificara o consumo responsable e moderado do viño como prexudicial para a saúde”.

LUIS MENOR TRASLADA UNHA MENSAXE DE APOIO E CONFIANZA ÁS FAMILIAS DE BARBADÁS
Durante a súa visita ao Ribeiro, Adrián Vázquez estivo acompañado polo líder dos populares ourensáns, Luis Menor, xunto co que se desprazou ao concello de Barbadás para celebrar o último acto de campaña da xornada.

Na casa da Cultura de Barbadás, Luis Menor invitou á militancia local a trasladar unha mensaxe de “confianza e apoio ás familias”, afirmando que o PP procurará “dar resposta ás verdadeiras preocupación da cidadanía, como son o apoio á maternidade e a a conciliación”.

Para un concello cun amplo sector de poboación moza e con fillos, puxo como exemplo o presidente provincial, “debemos impulsar unha reforma da directiva europea para lograr unha verdadeira conciliación entre a vida laboral e familiar, porque a única política que xera emprego e riqueza  é a política social”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: