Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP constitúe o Comité de Campaña das eleccións europeas coa vista posta “na consolidación da crecente confianza do electorado ourensán”

Imprimir ppou - 01-Maio-2024 - 11:36:08 


• Luis Menor repite a fórmula “que nos permitiu ter unha presenza territorial continua e intensa en toda a provincia durante a pasada campaña das autonómicas”, en referencia á participación dun representante por cada unha das doce comarcas da provincia

• Pide aos cargos do partido e á militancia “unha dose máis de compromiso e entusiasmo para conseguir que os votos populares sexan o contrapeso que necesitamos para evitar que a deriva de Sánchez nos leve ao caos”

1, maio, 2024. O Partido Popular de Ourense vén de constituír o Comité de Campaña para as eleccións europeas do próximo 9 de xuño, nunha nova convocatoria ás urnas na que a formación popular márcase como obxectivo “a consolidación da crecente confianza do electorado ourensán”, afirma Luis Menor, presidente provincial e do citado órgano electoral, que estará dirixido por Sandra Quintas.

  
  
Luis Menor pide aos cargos do partido e á militancia “unha dose máis de compromiso e entusiasmo para conseguir que os votos populares sexan o contrapeso que necesitamos para evitar que a deriva de Sánchez nos leve ao caos”.

No Parlamento Europeo, engade o líder dos populares ourensáns, deféndense valores como o respecto, a liberdade, a democracia, a igualdade ou o Estado de Dereito, razóns máis que suficientes “para tratar de conseguir o maior número de eurodeputados de entre os 61 representantes que lle corresponden a España”.

Conseguir unha ampla representación do PP nestas eleccións, asegura, “axudaría a poñer freo á deriva autoritaria de Sánchez, aos seus caprichos e espectáculos e comezar a centrarnos nos que verdadeiramente importante, que é a cidadanía”.
son os ourensáns, os galegos e 

Neste Comité de Campaña Luis Menor repite a fórmula “que nos permitiu ter unha presenza territorial continua e intensa en toda a provincia durante a pasada campaña das autonómicas”, en referencia á participación dun representante por cada unha das doce comarcas da provincia.

O comité encargarase de establecer as liñas estratéxicas para este novo proceso electoral, cuxa campaña comezará ás 00.00 horas do 24 de maio y rematará ás 24 horas do 7 de xuño, co día 8 para a xornada de reflexión e o domingo 9 para as votacións.


COMPOSICIÓN DO COMITÉ DE CAMPAÑA

Directora de Campaña: Sandra Quintas Vázquez
Organización: Jaime Sousa Seara
Coordinador de axenda e axenda de campaña: Elena Freijedo Ledo
Coordinador de actos públicos: Manuel A. Nóvoa González
Coordinador de actos sectoriais: Gabriel Alén Castro
Coordinación de dirixentes: Miguel Ángel Santalices Vieira
Responsable voto exterior e estranxeiro: Antonio Rodríguez Miranda
Coordinadora de Igualdade: Marisol Díaz Mouteira
Coordinadora de concellos rurais: Ana Patricia Torres Madureira
Mobilización electoral: Pablo Pérez Pérez
Responsable de NN.XX.: Ignacio Campo González
Responsable de voto por correo: Celso Luis Delgado Arce
Responsable apoderados e Interventores: Rosa Guede Forneiro
Asesoría xurídica: Miguel Ángel Michinel Álvarez
Comunicación e prensa: Alberto Carnero Fernández
Campaña dixital: Lorena Crespo Martín
Coordinadora da cidade: Victoria Núñez López
Xerencia de campaña: Luis Manuel Vergara Gómez.
Responsables comarcais:

Allariz-Maceda (XEZ* Ourense): Manuel A. Fernández Movilla
A Limia (XEZ Ourense): Susana Vázquez Dorado
Ourense (XEZ Ourense):                Ricardo González Gómez
Terras de Celanova (XEZ Ourense): Teresa Barge Bello
Baixa Limia (XEZ Bande): M. Carmen Yáñez Salgado
O Carballiño (XEZ O Carballiño): Fernando Rodríguez Redondo
O Ribeiro (XEZ Ribadavia): Avelino Pazos Pérez
Terra de Caldelas (XEZ Trives):             Irene Pérez Rodríguez
Terra de Trives (XEZ Trives):       Melisa Macía Domínguez
Valdeorras (XEZ O Barco de Valdeorras): María del Carmen González
Viana (XEZ Verín): José María Lago Cabo
Verín (XEZ Verín): José Luis Suárez Martínez


*(XEZ: Xunta Electoral de Zona)


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: