Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP aplaude o “compromiso social” do Goberno galego coa provincia tras aprobar 10,7 millóns de inversión en centros de atención a maiores

Imprimir ppou - 06-Abril-2024 - 09:33:45 


• O financiamento aprobado esta mesma semana demostra que a Xunta de Galicia “segue cumprindo claramente con Ourense”, desta volta no ámbito social e cun importante paquete de proxectos que case alcanza o 62 % de todo o investimento que, nesta materia, vaise realizar no conxunto da comunidade galega


6, abril, 2024. O Partido Popular de Ourense aplaude o “compromiso social” do Goberno galego coa provincia trala aprobación, no último Consello da Xunta, dun investimento de máis de 10,7 millóns de euros na construción, mellora ou ampliación de 16 centros de atención a maiores noutros tantos concellos ourensáns.

O financiamento aprobado esta mesma semana demostra que a Xunta de Galicia “segue cumprindo claramente con Ourense”, desta volta no ámbito social e cun importante paquete de proxectos que case alcanza o 62 % de todo o investimento que, nesta materia, vaise realizar no conxunto da comunidade galega.

Esta decisión, destacan os populares ourensáns, súmase á intención da Xunta de poñer todos os medios necesarios para axilizar a construción da residencia de maiores que promove a Fundación Amancio Ortega nos terreos da antiga estación de autobuses da capital, cun investimento de 10 milóns de euros.

Un proxecto, lembran desde o PP, que figura entre os 12 compromisos asinados polo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o líder dos populares de Ourense, Luis Menor, a desenvolver na cidade nesta lexislatura.

APOIO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE
Outro dos aspectos valorados desde as filas do Partido Popular é a colaboración institucional, pois para facilitar a construción, mellora ou ampliación das 16 residencias, fogares, centro de día e sociais, o Goberno galego vai contar co apoio da Deputación de Ourense.

A institución provincial colaborará con estes proxectos achegando inicialmente un millón de euros, a metade deles incluídos na modificación de crédito que se presentará ao pleno de finais de abril.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: