Noticias
Blog
O PP felicítase pola aprobación da senda de Reza, primeiro paso para cumprir co “Compromiso por Ourense” asinado por Rueda e Menor
• Este plan é unha das doce medidas que contempla o citado compromiso e demostra segundo os populares ourensáns, que “este partido comprométese coa execución de medidas concretas e realizables, lonxe de populismos e de reiterados incumprimentos”
8, marzo, 2024. O Partido Popular de Ourense felicítase pola aprobación onte no Consello da Xunta dun investimento de 1,6 millóns de euros para a execución da senda de Reza, o primeiro paso para o cumprimento do documento “Compromiso por Ourense”, asinado polo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o presidente provincial popular, Luis Menor.
Este plan é unha das doce medidas que contempla o citado compromiso, que se basea na maioritaria confianza e apoio que as xentes da cidade e da provincia mostraron sempre ás iniciativas dos gobernos do Partido Popular.
A senda de Reza demostra, segundo os populares ourensáns, que “este partido comprométese coa execución de medidas concretas, serias, rigorosas e realizables, lonxe de populismos e de reiterados incumprimentos”. Un conxunto de iniciativas que ao longo da próxima lexislatura comezarán a tomar forma nos ámbitos sanitario, de vivenda, servizos sociais, transporte público, mobilidade sostible, deporte, turismo e mellora dos servizos administrativos da Xunta de Galicia.
O proxecto de Reza forma parte do plan de Sendas de Ourense, co que se pretende crear na cidade e na comarca contornas máis sostibles e saudables. Con esta intervención complétase a execución de máis de 16 quilómetros de sendas nas estradas autonómicas da comarca de Ourense, con 8 millóns de euros de investimento, traballos aos que se engade a nova senda peonil e ciclista que unirá de norte a sur a capital entre a estación intermodal, Ponte Vella e Expourense, a través da avenida das Caldas e do Barbaña.
Este plan é unha das doce medidas que contempla o citado “Compromiso por Ourense”, que se basea na maioritaria confianza e apoio que as xentes da cidade e da provincia mostraron sempre ás iniciativas dos gobernos do Partido Popular.