Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP desenvolverá un Plan de apoio ás farmacias rurais para garantir a súa sostibilidade

Imprimir ppou - 22-Febreiro-2024 - 16:03:59 


• O conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, acompañado polo candidato Xosé Manuel Merelles e a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, visitaron a oficina de farmacia desta localidade onde deron a coñecer a proposta que figura no programa electoral do PP para as eleccións do 18-F 

• Comesaña explicou que o programa inclúe tamén contar coas oficinas de farmacia como colaboradoras do  sistema público ou potenciar a colaboración coa farmacia comunitaria na vixilancia epidemiolóxica a través de farmacias centinela

Larouco, 12 de febreiro de 2024. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado polo candidato popular da comarca, Xosé Manuel Merelles, e a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, visitaron a oficina de farmacia do municipio onde expuxeron a proposta que figura no programa electoral do PP para as vindeiras eleccións do 18-F de aprobar o Plan de apoio ás farmacias rurais.

  
  
Comesaña, tamén membro da candidatura do PP, destacou que esta proposta busca blindar os servizos farmacéuticos á poboación dos núcleos rurais, a través de medidas que garantan a sostibilidade das farmacias que operan neste ámbito mediante mecanismos de colaboración co sistema sanitario público en ámbitos como a xestión da prestación farmacéutica das residencias sanitarias ou a difusión de sistemas personalizados de dosificación a pacientes maiores e polimedicados.

Neste senso, Comesaña detallou o programa do PPdeG afonda na necesaria colaboración do sistema público de saúde  coas oficinas de farmacia, incluíndo o compromiso de contar con elas como colaboradoras do sistema público, deseñando novos programas de cooperación, establecendo unha canle áxil de comunicación co persoal de atención primaria para mellorar o seguimento dos tratamentos farmacolóxicos ou resolver dúbidas do paciente. 

En particular, o programa inclúe de xeito destacado a iniciativa de potenciar a colaboración coa farmacia comunitaria na vixilancia epidemiolóxica a través de “farmacias centinela” que permitan localizar o aumento de determinadas enfermidades. Unha iniciativa que encaixa con mecanismos de promoción da saúde pública desenvolvidos ao longo desta lexislatura como o Observatorio Galego de Saúde Pública ou o Centro Galego de Prevención e Control de Enfermidades.

Comesaña quixo lembrar que estas propostas veñen avaladas pola colaboración coas oficinas de farmacia mantida nesta lexislatura, para proxectos como os programas de cribado durante a pandemia da covid-19, o fomento da doazón de sangue ou as campañas de información para controlar ameazas para a saúde pública como a proliferación de determinados insectos.

SISTEMAS PERSONALIZADOS DE DOSIFICACIÓN DE MEDICAMENTOS

De xeito singular, o conselleiro destacou a posta en marcha dun Programa de mellora da adherencia terapéutica a través da preparación e entrega de sistemas personalizados de dosificación de medicamentos a pacientes polimedicados de máis de 75 anos, desenvolvido en colaboración coas oficinas de farmacia e que vén de actualizarse neste último mes para aumentar a súa poboación diana, reducindo o número de medicamentos prescritos de forma crónica necesarios para poder ter acceso a prestación de 13 a 10. Coa implantación deste programa, financiado pola Xunta a través dun acordo de colaboración cos colexios farmacéuticos, preténdese mellorar a adherencia terapéutica e garantir a eficacia e seguridade dos tratamentos, conseguindo deste xeito unha maior calidade de vida dos pacientes.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: