Noticias
Blog
Luis Menor: “Queda unha semana para blindemos cos nosos votos a Galicia e a provincia que funciona, e para iso só vale unha opción: a papeleta do PP”
O candidato José González explicou que a palabra “recuperación”, “foi clave para nós nestes últimos catro anos para facer de noso rural un entorno rendible. A Lei de recuperación da terra agraria foi a peza que nos permitiu mobilizar arredor de 10.000 hectáreas -35.000 xunto coas concentracións parcelarias- grazas ás súas ferramentas, os polígonos agroforestais, as aldeas modelo, as agrupacións forestais de xestión conxunta e as permutas de especial interese agrario. Nesta comarca contamos co polígono agroforestal de Paderne de Allariz, co que se mobilizarán algo máis de 43 hectáreas”.
O líder dos populares na provincia, Luis Menor, lembrou que “é preciso desenmascarar ao BNG”, debido a que nas súas propostas, ademáis de querer impoñer o monolingüismo nas escolas, contemplan no seu programa electoral “eliminar as provincias para finiquitar as deputacións provinciais, porque din que non teñen funcionalidade”
11, febreiro, 2024
Luis Menor
O presidente do Partido Popular na provincial de Ourense, Luis Menor, fixo en Xunqueira de Ambía unha chamada á participación e mobilización de cara ás eleccións autonómicas do vindeiro día 18 de febreiro, recalcando que “queda unha semana para que blindemos cos nosos votos a Galicia e a provincia que funciona, e para iso só vale unha opción: a papeleta do PP”.
Menor abundou tamén na necesidade de “desenmascarar ao BNG”, debido a que nas súas propostas, ademáis de pretender impoñer o monolingüismo nas escolas, contemplan no seu programa electoral “eliminar as provincias para finiquitar as deputacións provinciais, pois din que non teñen funcionalidade”
O presidente provincial deixou claro o trasfondo desta proposta dos nacionalistas: “Ata agora as deputacións funcionaban cando gobernaban en tres das catro deputacións galegas. Agora perderon Pontevedra e só quédalles o cogoberno na Coruña e Lugo. Pois aí tendes outro cordón sanitario ao PP: eliminar as deputacións ante o noso avance, castigando así aos pequenos concellos que teñen na cooperación coa Deputación o seu grande apoio”.
José González
José González falou en Xunqueira de Ambía da Lei de Recuperación da Terra Agraria, expresando que “recuperación, é unha palabra que foi clave para nós nestes últimos catro anos para facer de noso rural un entorno rendible. A Lei de recuperación da terra agraria foi a peza que nos permitiu mobilizar arredor de 10.000 hectáreas -35.000 xunto coas concentracións parcelarias- grazas ás súas ferramentas, os polígonos agroforestais, as aldeas modelo, as agrupacións forestais de xestión conxunta e as permutas de especial interese agrario”.
Explicou tamén o candidato popular que “nesta comarca contamos co polígono agroforestal de Paderne de Allariz, co que se mobilizarán algo máis de 43 hectáreas. En Galicia contamos con 29 polígonos en diferentes fases de execución, así como con 21 aldeas modelo -14 en Ourense-, instrumentos cos que seguiremos traballando en toda Galicia, tamén nesta comarca, co obxectivo de mobilizar máis de 65.000 hectáreas nos vindeiros catro anos.”
“Ademais, a través do Plan de Pastos de Galicia ao que destinamos 9,5 millóns de euros cun importante investimento en Ourenseb, no pasado ano creamos novos pasteiros nos montes de Coedo, en Allariz, e nos de Carbuíz, en Xunqueira de Espadanedo, cos que se busca fomentar a gandería en extensivo en ambas as dúas zonas de máis de 40 hectáreas, ao tempo que tamén se actúa na prevención de incendios forestais. Estes sumáronse ao de San Xillao de Figueiroá, en Paderne de Allariz, rematado no 2021”, expresou José González.