Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Elena Rivo pon en valor a capacidade do PP para potenciar os investimentos sanitarios, de transporte e sociais na provincia: “Somos xente seria, cumpridora e que sabe xestionar”

Imprimir ppou - 08-Febreiro-2024 - 16:17:46 


En Monterrei, o candidato José González lembrou feitos como o convenio de protección das aldeas, o plan de prevención e defensa contra incendios forestais actualizado anualmente, o centro integral de loita contra o lume, ou a lei de loita integral contra esta lacra: “ofrecemos estabilidade, experiencia e xestión, mentres a oposición só ofrece caos e descoñecemento do rural”

O presidente provincial, Luis Menor valorou as enquisas: “Son unha foto, a foto dun día. Por iso dígovos: non vos confiedes, porque non hai nada gañado. De momento só hai traballo, iso si, e xa sabemos que quen sementa, recolle”

6, febreiro, 2024. 

Elena Rivo

• Nun mitin cos veciños da zona de San Francisco, na sede da Asociación de Veciños Os Montes, a cabeza de lista da candidatura popular, Elena Rivo, lembrou que “estamos practicamente ao carón do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, o CHUO, onde o Goberno galego leva investidos 70 millóns de euros. Pero iso non é todo, porque quedan outros 65 millóns de euros por investir para seguir modernizando e ampliando a asistencia hospitalaria en Ourense”.

  
  
• A candidata popular referiuse tamén á modernización das infraestruturas sanitarias na provincia, “que tamén vén da man da construción do novo Centro de Saúde de Mariñamansa, nunha parcela da Deputación de Ourense, centro recollido na segunda fase do plan de infraestruturas sanitarias da Xunta”.

• No tocante ás propostas do Partido Popular, Elena Rivo foi contundente: “Temos un programa electoral que imos executar porque somos xente seria, cumpridora e que sabe xestionar: avanzaremos na optimización da rede de estradas de titularidade autonómica na cidade; procuraremos a integración de Ourense no sistema de transporte metropolitano da Xunta; poñeremos a disposición dos usuarios e dos clubs da cidade as instalacións deportivas dos recintos escolares, para o seu uso fóra do horario lectivo; demandaremos e apoiaremos a creación dun novo xulgado de violencia sobre a muller; e poremos en funcionamento a nova residencia para maiores nos terreos da antiga estación de autobuses”.

José González

• Nun mitin no Concello de Monterrei, en Albarellos, o candidato popular advertiu que a recuperación da terra ha de ir da man da prevención contra incendios forestais. Levamos sufrindo esta lacra séculos... e dicimos basta”.

• “Perdín a conta de todas as veces que este que lles fala se pronunciou diante do Parlamento de Galicia pedíndolles aos grupos da oposición un Pacto de Estado contra os incendios forestais... Saben que obtiven en todos estes anos? Silencio”, rememorou José González.

• No que atinxe á responsabilidade dos demáis grupos políticos na loita contra os incendios forestais, José González botouna en falta: “Porque á oposición non lle interesa se arde ou deixa de arder, dálles igual de onde sopre o vento se non poden levar algún beneficio electoral... Porén, nós estivemos e estaremos aí para gobernar: ofrecendo a nosa experiencia e xestión. Mentres, eles só ofrecen caos e descoñecemento do rural”.

• Por último, concluíu explicando o obxectivo da área de Medio Rural: “É desta experiencia acumulada e da nosa xestión que se está a perfilar a Lei de loita integral contra os incendios forestais de Galicia. Querémola rematar. E querémola aprobar. É por iso que vos pedimos o voso apoio. 

Luis Menor

• Luis Menor referiuse ao debate de onte na TVG, do que dixo “demostrou perfectamente que vai pasar se non traballamos todos xuntos para conseguir a maioría absoluta: un multipartito na Xunta, porque so vimos a un candidato serio e rigoroso, Alfonso Rueda, con outros catro contra el”.

  
  
• A diferenza entre todos eles e Alfonso Rueda é a capacidade de xestión, “que nin experiencia teñen niso”. Grazas á xestión de persoas como Rueda e o alcalde de Monterrei, ademais do apoio da Deputación, “aí tendes eses 18 millóns de euros para converter o castelo nunha gran oportunidade para este concello, e por extensión a comarca, á hora de situarse como un dos principais  reclamos turísticos da provincia, de Galicia e do norte de Portugal.

• Menor recordou durante o mitin en Albarellos que en Verín crearase un novo Punto de Encontro Familiar, ademais de facer referencia aos 4 millóns de euros investidos no hospital comarcal para mellorar as urxencias, o PACe o equimento tecnolóxico.

• “Tamén quixera falar da colaboración da Deputación aquí mesmo, onde investimos 200.000 euros na mellora da seguridade viaria na estrada provincial OU-1021 para facilitar a movilidade das persoas mediante un senda peonil na travesía de A Pousa, proxecto que continuará en Mixós”.

• “E tamén exemplo de colaboración é a rehabilitación do balneario de Requeixo, porque se en algo creo na provincia é no noso potencial de termalismo”, expresou o presidente provincial.

• Sobre as enquisas recoñeceu que “son boas para nós e iso anima a seguir traballando”, pero só son unha foto, a foto dun día. Por iso dígovos: non vos confiedes, porque non hai nada gañado. De momento só hai traballo, iso si, e xa sabemos que quen sementa, recolle”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: