Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Xosé Manuel Merelles: “O Camiño de Inverno axúdanos a construír marca Valdeorras e, por iso, dende o Partido Popular imos intensificar a súa promoción e visibilización”

Imprimir ppou - 08-Febreiro-2024 - 16:10:28 


• O membro da candidatura ao Parlamento de Galicia polo PP de Ourense, realizou hoxe a pé un treito deste itinerario xacobeo entre Sobradelo e A Rúa 

• En declaracións aos medios, incidiu no firme compromiso do Partido Popular con seguir posicionando Galicia como destino turístico diferenciador e de calidade promovendo os elementos identitarios e autóctonos de cada recuncho do territorio

• Con Rueda á fronte superouse a cifra de sete millóns de visitantes á comunidade en 2023, cunha cifra récord de 405 millóns de euros de ingresos rexistrados nos hoteis galegos

• Merelles destacou tamén que o PP vai poñer en marcha unha nova Estratexia Turística para Galicia ata 2030 focalizada na sostibilidade e na procura dunha maior desestacionalización como premisas, así como na intensificación da súa promoción internacional 

O Barco de Valdeorras, 05 de febreiro de 2024.-  Xosé Manuel Merelles, membro da candidatura ao Parlamento galego polo PP de Ourense, puxo hoxe en valor que a relevancia social e económica dos camiños de Santiago é cada vez maior. No decurso do treito que realizou a pé do Camiño de Inverno entre Sobradelo e o a Rúa, Merelles atendeu aos medios no malecón barquense para poñer de manifesto o compromiso do Partido Popular co fortalecemento e construción da marca Valdeorras, un marchamo turístico arredor do que se intensificará a promoción conxunta de toda a comarca tendo en conta os seus sinais identitarios e autóctonos. “Entre eles, por suposto, o Camiño de Inverno ao seu paso pola comarca”, apostilou.

  
  
“As xentes da zona sabemos da relevancia desta ruta xacobea, o que significa que o seu trazado percorra  a nosa xeografía”, indicou. Neste sentido, puxo de manifesto que cada ano máis de 2.300 peregrinos percorren este itinerario que leva a Compostela. “Dende o Partido Popular traballaremos para conseguir que esta cifra aumente, que sexan moitos máis os peregrinos que circulen cada ano polo Camiño de Inverno porque segue a ser a ruta xacobea máis descoñecida de todas e, probablemente, unha das máis fermosas. Por iso, comprometémonos a investir na súa promoción e na súa divulgación”, afirmou Merelles.

Quen fora ata hai pouco director da Axencia Turismo de Galicia, posto do que cesou para se integrar na candidatura do PP de Ourense de cara aos comicios do 18 de febreiro, tamén ofreceu datos que amosan que o Camiño é un motor de dinamización económica para os territorios polos que discorre. 

Neste sentido, indicou que a relevancia económica e social dos Camiños a Santiago é cada vez maior, tamén no Camiño de Inverno. como así o constata o último estudo do impacto socioeconómico do Camiño de Santiago da Universidade de Santiago. Os peregrinos concentran o 3% do gasto turístico na comunidade galega e cada un dos peregrinos que visitan Galicia supón o mesmo impacto económico que tres turistas nacionais. Se o medimos en noites, o impacto é aínda maior: os peregrinos representan o 16,7% das noites consumidas en Galicia xa que teñen unha estadía media que duplica a do visitante.

DESPEGUE DEFINITIVO
“Como dixen onte en Larouco, e repito agora aquí, só un goberno galego con Alfonso Rueda á cabeza está en condicións de garantir que Valdeorras complete o seu despegue definitivo en termos turísticos. Imos traballar para que a zona sexa un destino preferente de chegada de visitantes dentro do interior de Galicia, e non só para os propios galegos senón tamén para moitas outras persoas que poidan chegar ata aquí procedentes de fóra da nosa comunidade, do resto de España e, mesmo, de Europa. Imos promocionar intensamente a comarca, dun modo integral, en diferentes foros e feiras turísticas tanto de índole nacional coma internacional”, abondou.

Neste sentido lembrou que en 2023, con Rueda á fronte da Xunta, a cifra de ingresos rexistrada na totalidade dos hoteis da comunidade acadou os 405 millóns de euros, unha cantidade nunca antes conseguida e moi superior a antes da pandemia cando o sector hoteleiro facturaba uns 320 millóns de euros. Con sete millóns de visitantes chegados a Galicia o ano pasado e un incremento da desestacionalización con importantes incrementos de viaxeiros fóra da tempada alta, o noso programa electoral prevé seguir apostando pola dinamización turística de todo o territorio tendo en conta, en cada caso, os seus elementos diferenciadores.

“O interior de Galicia, por exemplo, está cheo de activos que cómpre poñer en valor, de paisaxes singulares, de patrimonio arquitectónico de gran valor histórico, de propostas enolóxicas e gastronómicas de seu”, indicou.

NOVA ESTRATEXIA TURÍSTICA PARA GALICIA
Finalmente, sinalou o compromiso do Partido Popular con deseñar unha nova Estratéxica Turística para Galicia co horizonte de 2030 no foco que se vertebre en tres piares fundamentais: sostibilidade, unha maior promoción internacional e desestacionalización.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: