Noticias
Blog
Elena Rivo: “O único partido que ten capacidade e vontade para atender as necesidades dos ourensáns é o PP, e así o vén demostrando desde o Goberno da Xunta”
04, febreiro, 2024.
Elena Rivo
• Na capital comarcal de Baixa Limia, a cabeza de lista popular, Elena Rivo, lembrou que o Goberno galego leva investidos nos últimos anos máis de 5 M€ en políticas de igualdade, de promoción do emprego e de formación laboral. En breve, o concello formará parte do polo de emprendemento que abrirá en Baños de Molgas, que ofrecerá axuda e asesoramento gratuíto aos emprendedores. Porque un rural no que se emprende, no que se inviste e no que se traballa é un rural dinámico no que paga a pena vivir.
• “Da conexión da AG-31 con Portugal para mellorar a comunicación entre España e o país veciño, nada se sabe. Non está entre as prioridades do Goberno central, por suposto. Non é a fronteira con Portugal a que lle preocupa a Pedro Sánchez, más interesado nas imaxinarias fronteiras entre España e Cataluña que esixen os que están a mantelo no poder”, explicou en Bande a número 1 da candidatura do PP en Ourense.
• Elena Rivo deixou claro que “fronte ás mentiras e os agasallos envelenados dalgúns, o único partido que ten capacidade e vontade para atender as necesidades dos ourensáns é o Partido Popular, e así o vén demostrando desde o Goberno da Xunta de Galicia”.
José González
• En Leiro, o número 3 da candidatura popular, José González, manifestou que “por suposto, seguiremos incentivando a actividade agraria. Aquí, en concreto, no Ribeiro, continuaremos facilitando a viticultura, que é polo que nos coñecen no resto do mundo: polos nosos viños de calidade extraordinaria. E para iso ofrecemos solucións:: impulsando beneficios fiscais á actividade como por exemplo a rebaixa do IRPF, ou non tributar por determinadas operacións”.
• “Aumentaremos ata o límite máximo legal a porcentaxe de axudas que concede a Administración autonómica para os seguros agrarios. Somos conscientes das particularidades e riscos que teñen os viticultores, e queremos correr nós con eles. Para que vós, só vos teñades que preocupar de continuar facendo uns viños de calidade”, anunciou José González.
• “En apoio ao sector vitivinícola, cómpre destacar que volvemos aumentar a contía destinada á mellora da elaboración e comercialización, reestruturación de viñedos e medidas de promoción en terceiros países, que conta, neste ano, cun orzamento conxunto de 9 millóns de euros”, lembrou González en Leiro.
Luis Menor
• Luis Menor, que puxo en valor ao Termalismo e Vitinicultura como sectores económicos estratéxicos na provincia, destacou que con iniciativas deste tipo corrobórase que Galicia é un destino turístico sustentable, que ten nos seus recursos naturais un dos seus principais atractivos, e contribúese a afianzar a provincia como capital termal da Comunidade; engadindo que a maior concentración de augas termais de Galicia localízase nas comarcas de Ourense, O Carballiño, O Ribeiro e na Baixa Limia.
• Menor recalcou que “logo do vivido onte na praza de touros de Pontevedra, “esta campaña electoral só pode rematar dunha maneira: ofrecendo o apoio incontestable dos ourensáns á candidatura de Alfonso Rueda á presidencia da Xunta e darlle a súa primeira maioría absoluta”.
• “A maioría absoluta é un obxectivo perfectamente alcanzable e podemos facelo, con traballo, con compromiso e con ilusión, porque estou a ver un partido, o Partido Popular de Ourense, que está mobilizado”, proclamou.
• “O importante das enquisas é que son a foto fixa dun momento determinado. A verdeira enquisa é a do 18 de febreiro, na que estamos a traballar para encher as urnas coas papeletas que fan que Galicia funcione, as do PP”, dixo Menor.