Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Alfonso Rueda asegura que o 18-F hai que votar sendo conscientes de que o que se elixe ese día é o futuro de Galicia e que ese futuro téñeno que escribir os galegos e galegas

Imprimir ppou - 06-Febreiro-2024 - 18:07:27 


● O presidente e candidato do PPdeG reivindica o modelo da Galicia que medra, prospera e funciona desde o traballo, o esforzo e o sentidiño

● O PPdeG sae a falar dos galegos, a xestionar e a defender Galicia fronte a un Goberno central que nestes anos agraviou aos ourensáns con cuestións como os incumprimentos no remate da variante exterior do AVE ou a negativa a transferir a AP-53

2 de febreiro de 2024. O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, fixo hoxe un chamamento ao exercicio do voto o próximo 18 de febreiro para falar con rotundidade, con decisión, con ilusión e, sobre todo, sendo conscientes de que o que se elixe ese día é o futuro de Galicia e ese futuro téñeno que escribir os galegos e as galega.

Un futuro que para Rueda, segundo asegurou hoxe nun mitin en Ribadavia, pasa por seguir o modelo que caracterizou estes anos de traballo, de esforzo e sentidiño. O modelo, en definitiva da Galicia que medra, prospera e funciona. 

  
  
O líder dos populares galegos asegura que nesta campaña quedará claro quen ten propostas reais e quen fai compromisos irrealizables, quen aspira a gañar e quen só a pactar, quen pretende gobernar e quen só busca repartir sillóns. Porque, por moito que o multipartito da oposición queira disfrazarse no Entroido, non lles vai servir para esconder que o que queren facer aquí en Galicia é unha réplica do que xa están facendo en España. 

Por iso o PPdeG sae a falar dos galegos, a xestionar e a defender Galicia fronte a un Goberno central que nestes anos agraviou aos galegos e aos ourensáns con cuestións como os incumprimentos no remate da variante exterior do AVE, a negativa a transferir a AP-53 e a súa falta de compromiso real co saneamento da provincia e coas súas infraestruturas.

Entre as propostas dos populares galegos para acadar o seu obxectivo, e como mostra do seu compromiso co progreso de todas as provincias por igual, o programa do PPdeG inclúe medidas para fomentar a mobilidade do rural – como o impulso do bus baixo demanda e a posta a disposición de taxis cando sexa necesario – ou a creación dunha rede de dinamización cultural no rural.

Propoñen así mesmo a creación dun banco de negocios viables no rural, para asegurar a relevo a aqueles negocios que teñen aínda moita vida pero carezan de remuda familiar para poder mantelo no tempo.

UN COMPROMISO POLO DESENVOLVEMENTO DO RURAL

José González defendeu a confianza ofrecida polo Goberno galego no desenvolvemento do rural, poñendo como exemplo a comarca do Ribeiro como “proba fidedigna da potencialidade da Lei de recuperación da terra agraria”. Unha lei, dixo, que mobilizou arredor de 10.000 hectáreas de superficie en toda a comunidade: “Hoxe por hoxe, Galicia presume de ter ata 21 aldeas modelo e 29 polígonos agroforestais”.

O 58 % das hectáreas recuperadas por medio destes instrumentos está en Ourense, afirmou, “porque  sabemos da potencialidade desta provincia e traballamos polo seu rural con decisión”. 

No Ribeiro, abondou o número 3 da candidatura provincial, hai xa tres aldeas modelo que permitiron mobilizar case que 75 hectáreas. E outros tantos polígonos agroforestais –en distintas fases–, que permitirán recuperar unha superficie de arredor de 530 hectáreas.

“Tras o 18 de febreiro, se os galegos e as galegas nolo permiten queremos continuar recuperando estas hectáreas, licitar os primeiros polígonos, poñe en marcha as primeiras agrupacións de xestión conxunta no eido forestal, continuar cos plans de dinamización e recuperación dos núcleos das aldeas modelo, impulsar a creación de comunidades enerxéticas e poñer en marcha espazos agrarios de experimentación de Galicia, un deles aquí, no Ribeiro”, concluíu o candidato.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: