Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os alcaldes e alcaldesas do Partido Popular de Ourense subscriben o Manifesto pola Igualdade de todos os españois

Imprimir ppou - 27-Xaneiro-2024 - 13:08:48 


27, xaneiro, 2024

• “Renovamos o noso compromiso de gardar e facer gardar a Constitución, defendemos a separación de poderes e a independencia xudicial, e por suposto, opoñémonos a que a extorsión do independentismo determine as decisións adoptadas polo Executivo central”, reivindicou o presidente da Deputación, Luis Menor durante a lectura do manifesto.
 
  
  
• Os alcaldes do PP subliñan que “os servizos públicos e a igualdade dos españois ante a lei non poden ser moeda de cambio para blindar a Presidencia de Sánchez".

• Denuncian que o Goberno xa non sitúa o interese xeral por encima de todo e antepón as esixencias coas que as formacións separatistas vaian extorsionando en cada momento.

• Ratifican o seu rexeitamento absoluto á Lei de Amnistía, lembran que non existe 'terrorismo bo' e reclaman, de forma expresa, que todo acto terrorista sexa investigado e condenado.

• Esixen ao Executivo e ao PSOE acabar co segredismo co que están a acometer as negociacións cos seus socios sobre asuntos esenciais para a economía e o benestar dos cidadáns.

• Advirten que modificar ou derrogar o Código penal á carta para beneficiar a determinadas persoas é unha forma de corrupción política que prexudica a confianza nas institucións e crea un sentimento de agravio e inxustiza na poboación
• Defenden a separación de poderes e a independencia xudicial fronte a un Goberno que está a poñer en cuestión e sinalando a xuíces polas súas decisións.

• Solicitan activar todos os recursos políticos e xurídicos para que a acción executiva, lexislativa e xudicial a nivel nacional non se poña ao ditado dos partidos independentistas.

• “Os servizos públicos e a igualdade dos españois ante a lei non poden ser a moeda de cambio para blindar a presidencia de Pedro Sánchez, e nós non imos consentir que sigan xogando cos nosos dereitos e recursos”.

• A Lei de Amnistía altera as regras de xogo democráticas para antepoñer as exixencias das formacións separatistas por riba do interese xeral, polo que “non podemos aceptar que un presidente cre cidadáns de primeira e converta ao resto en cidadáns de segunda”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: