Noticias
Blog
O PP de Ourense pon en marcha os comités comarcais na Limia e Baixa Limia “para seguir ampliando a estrutura do partido”
• O líder provincial dos populares, Luis Menor, expresou a súa satisfacción pola “gran e positiva resposta, unha vez máis, a estas convocatorias”
• Na comarca da Limia a estrutura do comité comarcal estará dirixida polo tenente alcalde de Xinzo, Antonio Fernández Veiga, e o alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas. Na Baixa Limia actuarán como coordinadores Antonio Iglesias, alcalde de Lobeira, e Israel león, tenente alcalde Muíños
16, xaneiro, 2024. O líder provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, presidiu esta tarde a posta en marcha dos comités comarcais da Limia e Baixa Limia, órganos de traballo que teñen como obxectivo mobilizar ao partido por todo o territorio, tanto para coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza como para impulsar a campaña electora do 18F.
Luis Menor, que expresou a súa satisfacción pola “gran e positiva resposta, unha vez máis, a estas convocatorias”, explicou aos asistentes que os comités comarcais van permitir “seguir ampliando a estrutura do partido e a participación de cargos locais e afiliados”, esencial cando se trata de consolidar a presenza do partido en toda a provincia, “algo que só é quen de conseguir o PP”.
En Bande, a alcaldesa e presidenta local popular, Sandra Quintas, tivo un protagonismo especial xa que tamén participou como secretaria da xestora provincial, pedindo o esforzo dos seus compañeiros e veciños “para que o 19 de febreiro Alfondo Rueda poda comezar a traballar desde a súa primeira absoluta”.
Na Baixa Limia actuarán como coordinadores Antonio Iglesias, alcalde de Lobeira, e Israel león, tenente alcalde Muíños.
Na comarca da Limia a estrutura do comité comarcal estará dirixida polo tenente alcalde de Xinzo, Antonio Fernández Veiga, e o alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas.