Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  O PP de Ourense creará canles de colaboración e comunicación para prestar apoio e asesoramento aos portavoces municipais

Imprimir ppou - 11-Xaneiro-2024 - 15:03:26 


• O presidente provincial, Luis Menor, acompañado pola secretaria da xestora, Sandra Quintas, e o coordinador do grupo político, José Jaime Sousa, destacou a necesidade de manter este tipo de encontros “para escoitar e procurar solucións ás necesidades dos 37 portavoces populares”
 
11, xaneiro, 2024. O presidente provincial do Partido Popular, Luis Menor, mantivo na sede provincial un encontro cos portavoces municipais da formación para establecer canles de colaboración e comunicación que “apoien aos nosos representantes locais nun dos labores políticos máis complexos que existen: representar á cidadanía desde a oposición”.

  
  
Luis Menor, acompañado pola secretaria da xestora, Sandra Quintas, e o coordinador do grupo político, José Jaime Sousa, destacou a necesidade de manter este tipo de encontros “para escoitar e procurar solucións ás necesidades dos 37 portavoces populares”.

Quizá máis que ninguén, dixo o líder dos populares ourensáns, “os portavoces precisan do noso apoio, colaboración e asesoramento”. Nesta liña, comprometeuse a crear canles de comunicación activas “nas que podan expoñer as súas necesidades e ofrecerlles solucións”.

Menor asegurou que, aínda sen periodicidade fixa, manteranse este tipo de xuntanzas grazas ao traballo do grupo político provincial, mesmo con presenza nos propios concellos que así o reclamen.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: