Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP incorpora ao Comité de Campaña do 18F a representantes das doce comarcas ourensáns para ter “presenza territorial intensa en toda a provincia”

Imprimir ppou - 09-Xaneiro-2024 - 21:07:15 


• Formado por un amplo equipo de 31 persoas que terá como presidente a Luis Menor e como directora a Sandra Quintas

• Luis Menor subliña que a presenza dos representantes comarcais “permitirá facer un seguimento e coñecer, en tempo real, como está a discorrer a campaña electoral”

• Os membros do comité son “persoas idóneas para os obxectivos que procuramos, ademais de ter un profundo coñecemento das áreas que lle foron asignadas”, engade o presidente provincial

• Este órgano fixará as liñas estratéxicas para un claro obxectivo, proclamou Menor: “Volver a ser a provincia decisiva por apoio electoral para que Alfonso Rueda teña a máis que merecida maioría absoluta, a primeira de moitas seguro” 

9, xaneiro, 2024. A sede provincial do Partido Popular de Ourense acolleu esta tarde a constitución do Comité de Campaña para as eleccións autonómicas do 18F, órgano que estará composto por 31 persoas con experiencia contrastada en cada un dos seus ámbitos e que, como principal novidade, incorpora a representantes das doce comarcas da provincia. “Un amplo equipo que nos permitirá ter unha presenza territorial intensa en todos e cada dos puntos da xeografía ourensá”, valorou o líder dos populares de Ourense, Luis Menor, que na presidencia deste comité estará acompañado por Sandra Quintas nas funcións de directora.
 
  
  
Os 31 nomes que desde hoxe constitúen o Comité de Campaña “corresponden a persoas idóneas para os obxectivos que procuramos, ademais de ter un profundo coñecemento das áreas que lle foron asignadas”, engadiu o presidente provincial, que tamén destaca a “importante experiencia” tanto na política como na xestión pública, así como a presenza da mocidade de Novas Xeracións.

Luis Menor subliñou a incorporación ao comité dun representante por cada unha das doce comarcas da provincia, “o que nos permitirá facer un seguimento e coñecer, en tempo real, como está a discorrer a campaña electoral”.

O Comité de Campaña encargarase de establecer as liñas estratéxicas para o desenvolvemento dunha campaña que ten un claro obxectivo, proclamou Menor: “Volver a ser a provincia decisiva por apoio electoral para que Alfonso Rueda teña a máis que merecida maioría absoluta, a primeira de moitas seguro”.

O líder ourensán popular reclamou para os seus “máxima implicación” para conseguir trasladar con “absoluta claridade” o proxecto político que o PP de Galicia propón para Ourense, “sen dependencias nin chantaxes de ninguén, só velando polos intereses da cidadanía”.



COMPOSICIÓN DO COMITÉ DE CAMPAÑA

Directora de Campaña:                 Sandra Quintas Vázquez
Organización:                         Jaime Sousa Seara
Programa electoral:                 Gabriel Alén Castro
Coordinador de axenda e axenda de campaña:         Elena Freijedo Ledo
Coordinación de dirixentes: Miguel Ángel Santalices Vieira
Coordinador de actos públicos:         Manuel A. Nóvoa González
Responsable voto exterior e estranxeiro: Antonio Rodríguez Miranda
Coordinadora de Igualdade: Marisol Díaz Mouteira
Coordinador de concellos rurais: Ana Patricia Torres Madureira
Mobilización electoral: Pablo Pérez Pérez
Responsable de NN.XX.:         Ignacio Campo González
Responsable de voto por correo:         Celso Luis Delgado Arce
Responsable apoderados e Interventores:         Rosa Guede Forneiro
Asesoría xurídica: Miguel Ángel Michinel Álvarez
Comunicación e prensa: Alberto Carnero Fernández
Responsable campaña dixital: Lorena Crespo Martín
Coordinadora da cidade: Noelia Pérez López
Xerencia de campaña: Luis Manuel Vergara Gómez

Responsables comarcais:

Allariz-Maceda (XEZ* Ourense):         Manuel A. Fernández Movilla
A Limia (XEZ Ourense): Susana Vázquez Dorado
Ourense (XEZ Ourense):                Ricardo González Gómez
Terras de Celanova (XEZ Ourense): Teresa Barge Bello
Baixa Limia (XEZ Bande): M. Carmen Yáñez Salgado
O Carballiño (XEZ O Carballiño): Fernando Rodríguez Redondo
O Ribeiro (XEZ Ribadavia): Avelino Pazos Pérez
Terra de Caldelas (XEZ Trives):               Iria Pérez Rodríguez
Terra de Trives (XEZ Trives):       Melisa Macía Domínguez
Valdeorras (XEZ O Barco de Valdeorras):         Manuel Núñez Fernández
Viana (XEZ Verín): José María Lago Cabo
Verín (XEZ Verín): José Luis Suárez Martínez


*(XEZ: Xunta Electoral de Zona)


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: