Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP implantará o Transporte Metropolitano de Ourense nun prazo máximo de tres meses

Imprimir ppou - 14-Maio-2011 - 19:36:41 

Os candidatos ás alcaldías de Amoeiro (José Ángel Sampayo Fernández), Barbadás (Manuel Freire Couto), Coles (Luis Antonio Iglesias Fernández), Pereiro de Aguiar (Eliseo Fernández Gómez), Punxín (Manuel Vázquez Fernández), San Cibrao das Viñas (Manuel Pedro Fernández Moreiras), Toén (Amancio Antonio Cid Pérez) e Ourense (Rosendo Fernández) comprometéronse hoxe, diante de toda a sociedade ourensá e diante do presidente da Xunta de Galicia, e do Partido Popular de Galicia,  Alberto Núñez Feijóo, así coma do Vicepresidente do Parlamento de Galicia e presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, a unir os seus esforzos para acadar a implantación total e efectiva do Transporte Metropolitano de Ourense nun prazo máximo de tres mesesunha vez formados os seus respectivos gobernos municipais.
Ademáis, o compromiso inclúe tamén a situación das paradas nas zonas máis céntricas da cidade, co fin de facer un achegamento real entre a cidade e a súa área de influencia.

Capitaneados polo futuro alcalde da cidade, o popular Rosendo Fernández, os próximos responsables dos municipios da área metropolitana ourensá fixeron público o seu inequívoco compromiso de desbloquear por fin este importante proxecto, enquistado durante catro anos polo PSOE ourensán, que nunca quixo facer valer o criterio de interese xeral para a cidadanía diante dos seus socios de goberno, o BNG, formación política que só se adicou a poñer trabas a esta fundamental actuación para a cidade e os seus concellos limítrofes.
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sinalou durante a súa intervención ao peche do acto que son 140.000 os ourensáns que se beneficiarán deste servizo e recalcou que "dende Ourense non se poden serguir poñendo atrancos aos outros sete concellos", recordando que o da cidade é o único municipio que non suscribiu o acordo proposto pola Xunta para o Transporte Metropolitano.
Tamén cifrou Alberto Núñez Feijóo en 600 euros anuais o aforro que lle suporá a cada un dos 140.000 potenciais usuarios do Transporte Metropolitano de Ourense. Aparte deste beneficio económico para os usuarios do transporte público, o presidente popular subliñou outros importantes beneficios como o aforro enerxético, a reducción de emisións contaminantes de CO2 e a mellora do tráfico e das estradas, ao reducirse de xeito significativo o tránsito de vehículos particulares.
Por último, Alberto Núñez Feijóo felicitou aos alcaldes e candidatos polo seu inequívoco e irrenunciable compromiso, e agradeceu expresamente ao candidato na cidade, Rosendo Fernández, a súa vontade firme en desbloquear de xeito inmediato este proxecto paralizado durante os últimos catro anos.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: