Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Victoria Núñez incorpora a sete novos membros á xestora local do PP de Ourense para “reforzar o equipo” cara ás eleccións galegas

Imprimir ppou - 05-Xaneiro-2024 - 12:03:54 


• A decisión encaixa na declaración de intencións que realizou trala súa designación como presidenta do órgano de dirección a principios de outubro pasado: “Ampliar a base do partido”
 
• Agradeceu a positiva disposición que lle transmitiron as persoas recen nomeadas, poñendo en valor a vocación política que demostran aqueles que “cando chama o partido, responden co seu compromiso”

5, xaneiro, 2024. A presidenta da xestora local do PP de Ourense, Victoria Núñez, asinou hoxe a incorporación de sete novos membros ao órgano de dirección dos populares na cidade, co obxectivo de “reforzar o noso equipo” cara ás eleccións galegas. Unha decisión que encaixa na declaración de intencións que realizou trala súa designación a principios de outubro pasado: “Ampliar a base do partido”. 

Procedentes dos ámbitos académico, xurídico, empresarial, da administración autonómica e local, así como tamén da organización xuvenil Novas Xeracións, as sete novas incorporacións corresponden a Manuel Pardo Cid, Jorge Rubén Sampedro, Iván Abad Álvarez, Eva Domínguez Estévez, María José del Brío, Belén Iglesias Cortés e Aurelio Gómez Villar, este dous últimos ademais ampliando a representación popular nos cinco distritos da capital. 

Estes nomes súmanse aos dezaseis integrantes iniciais da xestora, entre os que se atopan como membros natos os seis concelleiros afiliados ao PP.

Victoria Núñez agradeceu a positiva disposición que lle transmitiron as persoas recen nomeadas, poñendo en valor a vocación política que demostran aqueles que “cando chama o partido, responden co seu compromiso”.  

Sempre que sexa preciso “seguiremos ampliando a base do PP local”, sinalou a presidenta da xestora, que puxo o foco no obxectivo máis inmediato que teñen os populares: “Levar a Alfonso Rueda á súa primeira maioría absoluta”. Neste sentido pediu “a máxima concentración e esforzo” para manter e aumentar a crecente confianza no PP, que na cidade aumentou o seu apoio en máis de 11.000 votos entre as eleccións municipais e as xerais”.

A composición da xestora queda do seguinte modo:

Presidenta

• Victoria Núñez López

Membros natos

• Sonia Ogando Vázquez
• Noelia Pérez López
• Ana Méndez Gil
• Miguel Ángel Michinel Álvarez 
• Inmaculada Moreiras Colmenero
• Jorge Pumar Tesouro

Outros membros

• Marisol Díaz Mouteira
• Elena Rivo López
• Rosa Sánchez Gándara
• Ana Muñoz González
• Eugenia Díaz Abella
• Álvaro Cid Bragado
• Mario Guede Fernández
• Manuel Alexandre Novoa González
• José Estevez Gómez
• Manuel Pardo Cid
• Jorge Rubén Sampedro
• Iván Abad Álvarez
• Belén Iglesias Cortés
• Aurelio Gómez Villar
• Eva Domínguez Estévez
• María José del Brío

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: