Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Paula Prado sinala que o pacto do multipartito galego para investir Sánchez xa suma “dúas mentiras para os ourensáns”: a negativa dun xulgado de violencia de xénero e a suba da peaxe da AP-53

Imprimir ppou - 02-Xaneiro-2024 - 18:53:45 


A secretaria xeral do PPdeG visitou a cidade de Ourense, acompañada polo presidente provincial, Luis Menor, e cargos locais do partido

● Paula Prado destacou que fronte ás malas novas que dan outros partidos, os ourensáns merecen as certezas e as medidas claras para o seu futuro que están poñendo enriba da mesa o PP e Alfonso Rueda 

● Luis Menor: “Se alguén vai defender sempre o peso de Ourense é o PP, pois somos o mellor instrumento para reivindicar as necesidades e os proxectos que ten esta provincia e esta cidade”

2 de xaneiro de 2024. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, sinalou hoxe que o pacto entre o PSOE e BNG para investir a Pedro Sánchez, apoiado por Sumar e Podemos, xa suma “dúas mentiras para os ourensáns”, referíndose tanto a negativa do Goberno central á creación dun xulgado de violencia de xénero na cidade como a subida da peaxe da AP-53, que dixeran que ían rebaixar e co que unha vez máis incumpriron a súa palabra. 
  
  

“A finais do 2023 xa vimos que era fume a promesa, reiterada polos candidatos socialista e nacionalista, Da creación de cinco xulgados de violencia de xénero para toda Galicia, un deles en Ourense”, indicou Paula Prado para quen “o que era unha prioridade para o feminismo do BNG vemos que estaba baseado en mentiras”. 

Durante unha visita á cidade de Ourense, acompañada do líder provincial do PP, Luis Menor, e de cargos locais do partido, a número dous do PPdeG lamentou que tamén a semana pasada se coñecera outra nova negativa, cando o ministro de Transportes lle mentiu á cara a todos os galegos. “Lonxe de arranxar as infraestruturas pendentes, tamén en Ourense, anunciou o incremento as peaxes, incluída a da AP-53 en máis dun 5%, unha forma pouco axeitada de axudar á economía das familias”, abundou Prado. Desde onte, viaxar entre Santiago e Lalín custa 6,75 euros.

Neste sentido, indicou que “fronte ás mentiras doutras organización políticas, nós temos unha realidade, que é o Goberno da Xunta, que comeza o ano cos deberes feitos, cun orzamento aprobado, e con medidas claras para Ourense, como a segunda ampliación do Hospital ou o que xa é realidade desde onte: o bono de 5.000 euros para os dependentes”. 

Medidas estas, indicou a secretaria xeral do PPdeG, que melloran a vida dos cidadáns, nun contexto no que o prezo das cousas cada día está máis alto, con importantes subidas na luz, o gas ou nas citadas peaxes. 

Por último, Paula Prado incidiu en que os ourensáns merecen “iniciativas claras, efectivas e concretas para o seu futuro”, e por iso a única alternativa é a do presidente Alfonso Rueda, con certezas e cun orzamento aprobado.

“SE ALGUÉN PODE REIVINDICAR O PESO DE OURENSE, ESE É O PP”
Pola súa banda, o líder provincial do PP de Ourense, Luis Menor, quixo poñer sobre a mesa o que vai ser a próxima campaña, “onde haberá moitas propostas e bastante ruído, e por iso convén lembrar que non todos chegamos coas mesmas circunstancias. Na Xunta e na Deputación somos exemplo da boa xestión do PP, cos orzamentos aprobados e cun plan de cooperación para funcionar durante todo o ano que amosa que hai formas diferentes de planificar e de xestionar”. 

Tamén quixo incidir Menor nas diversas manifestacións e en diferentes comparecencias por parte dos representantes doutras administracións, ante as que “hai que lembrar que incumprimentos flagrantes en materia de infraestruturas coa nosa provincia e a cidade por parte do Goberno central, como son a Variante Norte, a A-76, os trens Avril ou a autovía a Lugo”. “Ninguén se pode outorgar a patente de reivindicar esta provincia e cidade máis que o partido que ten acadado o apoio maioritario e que confiamos en seguir mantendo”, engadiu.

Por último, o líder provincial dos populares manifestou que “desde o primeiro momento queremos ofertar un equipo solvente con capacidade para levar a cabo as propostas e facer as cousas. E sobre todo deixamos claro que se alguén vai reivindicar o peso de Ourense é o PP. Esa bandeira non lla imos ceder a ninguén, pois somos o mellor instrumento para reivindicar as necesidades e os proxectos máis importantes que ten Ourense”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: