Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A xestora provincial do PP pon en marcha un novo sistema de organización comarcal para “mobilizar o partido por todo o territorio”

Imprimir ppou - 30-Novembro-2023 - 20:35:39 


• “Somos un batallón de representantes populares que podemos alcanzar a totalidade da extensión da provincia”, dixo Luis Menor nunha primeira reunión na sede popular celanovesa

, que lanzou unha encarga: incorporar máis mocidade ao partido

• A coordinación comarcal recaerá no alcalde de Cartelle, José Jaime Sousa, e o portavoz local en Celanova, Pablo Pérez

• Á xuntanza estaban convocados alcaldes, portavoces e concelleiros de dez concellos, ademais de cargos institucionais que representan a esta zona da provincia nas Cortes Xerais, o goberno galego, o Parlamento de Galicia e a Deputación de Ourense

30, novembro, 2023. A xestora provincial do Partido Popular de Ourense puxo hoxe en marcha un novo sistema de organización comarcal co que se pretende, en palabras do presidente Luis Menor, “mobilizar o partido por todo o territorio e reforzar a nosa condición de formación política con maior presenza na provincia”.

  
  
A primeira das reunións celebrouse esta tarde na sede dos populares de Celanova, coa asistencia de alcaldes, portavoces e concelleiros da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Quintela de Leirado, Padrenda, Pontedeva, Ramirás e Verea, así como tamén os cargos institucionais que representan a esta comarca e ao conxunto da provincia nas Cortes Xerais, o goberno galego, o Parlamento de Galicia e a Deputación de Ourense. Á cita acudiron ademais afiliados do partido.

Para a coordinación desta asemblea comarcal nomeouse a dous cargos populares: José Jaime Sousa, alcalde de Cartelle, e o portavoz local na vila de San Rosendo, Pablo Pérez.

Luis Menor explicou que este novo sistema de organización é “unha peza máis da engrenaxe do  noso  partido”, tendo como finalidade implicar a todos os representantes populares nas doce comarcas ourensáns “nun obxectivo tan importante como é seguir sendo o partido con máis apoio e presenza na provincia, o que nos permitirá coñecer mellor o sentir da cidadanía”.

Na constitución da xestora provincial, lembrou Menor, “dixen que quería pisar o territorio; eu xa estou a facelo e agora tócavos a todos vos ter presenza en cada recuncho da comarca”.

Entre alcaldes, portavoces, concelleiros e cargos institucionais “somos un batallón de populares que  podemos alcanzar a totalidade da extensión da provincia”, asegurou o presidente da xestora, que pediu  a máxima implicación ás portas dunha convocatoria de máxima importancia como as eleccións autonómicas”.

Luis Menor tamén lanzou unha encarga aos presentes para que incorporen máis mocidade ao partido. “Veñen con novas ideas, con máis forza, e nos meus percorridos pola provincia comprobei que desexan ter voz no  noso proxecto, e ímoslla a dar”. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: