Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP pide ao Goberno que explique as medidas adoptadas por Correos para garantir a custodia dos votos na repetición das eleccións en Castro Caldelas

Imprimir ppou - 20-Novembro-2023 - 16:07:36 


• Nunha iniciativa parlamentaria asinada por todos os deputados galegos do PP no Congreso, os populares tamén interpelan ao Executivo sobre a investigación aberta en torno á suposta “trama de fraude de voto por correo” no municipio ourensán

20, noviembre, 2023. O Partido Popular pide ao Goberno que explique as medidas adoptadas por Correos para garantir a custodia dos votos cara a repetición das eleccións locais en Castro Caldelas, que se celebrarán o próximo domingo 26 de novembro. Nunha iniciativa parlamentaria asinada por todos os deputados galegos do PP no Congreso, os populares tamén interpelan ao Executivo sobre a investigación aberta en torno á suposta “trama de fraude de voto por correo” no municipio ourensán.

En nome dos deputados asinantes, a representante no Congreso pola provincia de Ourense, Ana Vázquez, lembra que a repetición das eleccións locais en Castro Caldelas vén motivada por unha resolución da xunta electoral, “ao entender que se rompera a cadea de custodia dos votos emitidos por correo y que se deixaran de contabilizar 118 papeletas”. Ademais desta resolución, a Xunta Electoral de Zona comunicou ao xulgado de primeira Instancia e Instrución da Pobra de Trives un suposto fraude no voto por correo nunha residencia de maiores de Castro Caldelas.

Ana Vázquez sinala que a xunta electoral recibiu de Correos un escrito no que se informaba de incidencias no voto por correo en Castro Caldelas, “pero sen proporcionar máis información por estar aberta unha investigación para determinar se produciuse algún delito”. Información, engade a deputada, “que a día de hoxe sigue sen coñecerse”.
Ante esta situación, máis a proximidade da xornada electoral, a iniciativa parlamentaria inclúe sete preguntas dirixidas ao Goberno para “dar luz ao caso”, afirma a deputada.

Así, preguntan polas medidas extraordinarias adoptadas por Correos para blindar con seguridade o novo proceso electoral, “e non permitir que se volva a romper a cadea de custodia dos votos por correo”. Tamén piden que se expliquen os mecanismos que está a utilizar Correos “para que non se permita tramitar o voto sen as debidas medidas de seguridade”, é dicir, por persoas que se atopan impedidas para exercer o voto a distancia.

Os populares queren que o Executivo explique se Correos pechou a investigación que anunciou sobre o suposto fraude no voto en Castro Caldelas e, de ser así, que informe dos resultados da mencionada investigación e das razóns polas que non se fixeron públicas as conclusións.

Tamén reclaman ao Goberno datos sobre os “os responsables desta suposta trama de fraude de voto por correo e cales foron as responsabilidades derivadas dese fraude”, así como o momento no que Correos tivo constancia desa anomalía e cando informou á xunta electoral. Por último tentan saber se, con anterioridade, existía algunha denuncia ou aviso sobre un posible fraude de voto por correo en Castro Caldelas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: