Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Manuel Cabezas 2023
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 As alcaldesas e alcaldes de Bande, Cartelle, Oímbra e Paderne de Allariz representarán a Ourense na Fegamp

Imprimir ppou - 17-Novembro-2023 - 18:35:35 


• Sandra Quintas, José Jaime Sousa, Ana Villarino e Manuel Pérez formarán parte da asamblea da entidade para o novo mandato 

• O rexedor de Cartelle, en nome dos seus comppañeiros, expresou o seu desexo de que o período que agora comeza “permita ofrecer solucións ás demandas de toda a  cidadanía, e non como desgraciadamente estamos a ver con privilexios entre territorios por puros intereses partidistas”

16, novembro, 2023. As entidades locais gobernadas polo Partido Popular na provincia de Ourense estarán representadas na Federación Galega de Municipios e Provincias para o mandato 2023-2027 por catro alcaldesas e alcaldes: Sandra Quintas (Bande); José Jaime Sousa (Cartelle); Ana Villarino (Oímbra), e Manuel Pérez (Paderne de Allariz).
 
Os representantes ourensáns no consello federal da Fegamp foron elixidos no decurso da XI Asemblea Ordinaria da entidade, celebrada en Santiago de Compostela e na que se constituíron os órganos directivos desta entidade para o novo período.

José Jaime Sousa, en nome dos seus compañeiros, agradeceu a oportunidade que se lles brinda “para representar aos concellos ourensáns na defensa dos seus intereses e da veciñanza, así como tamén para facer as súas achegas ás iniciativas da Xunta de Galicia en materia lexislativa”.

Sousa quixo destacar que a colaboración entre administracións é esencial “se queremos que os nosos concellos podan ofrecer servizos de calidade para fixar poboación”, por iso expresou o seu desexo de que este novo mandato da Fegamp “permita ofrecer solucións ás demandas de toda a  cidadanía, e non como desgraciadamente estamos a ver con privilexios entre territorios por puros intereses partidistas”.

Os gobernos do Partido Popular así o están demostrando, subliñou, poñendo en valor o novo modelo de financiamento en materia de cooperación cos concellos no que está a traballar o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, ou o anuncio realizado onte mesmo na asemblea da Fegamp polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, ao sinalar que a Xunta de Galicia traballa na reforma da Lei de Administración Local de 1997. Unha iniciativa que permitirá adaptar este texto á realidade demográfica galega actual ao proporcionar ás entidades locais en risco de despoboamento ferramentas que garantan a calidade dos servizos municipais, avanzando cara a un novo municipalismo do século XXI.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: