Noticias
Blog
O PP incorporará aos xóvenes ao mercado laboral a través do Cheque-Emprego

O Partido Popular, unha vez conforme o Goberno Municipal para os vindeiros catro anos, aprobará un programa polo que se establecerán unhas bases reguladoras de axudas dirixidas a fomentar a contratación laboral das persoas titulares do chamado "Cheque-Emprego". Esta iniciativa foi presentada hoxe polo candidato á alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, e polos membros da súa candidatura Guillermo Collarte, Carmen Carballo e José Araújo.
A iniciativa do "Cheque-Emprego" contará cunha partida orzamentaria específica e permitirá incorporar ao mercado laboral a xóvenes desempregados de entre 18 e 35 anos. Esta medida está centrada neste grupo de edade xa que en Ourense existen en torno a 1.500 persoas menores de 35 anos en situación de desemprego e os xóvenes compoñen un dos grupos máis vulnerables pola problemática do paro, con cinco millóns de parados trala xestión do Goberno de Zapatero.
En concreto, trátase dun cheque que o Concello de Ourense outorgará ao xoven que busca emprego para que, nun prazo de catro meses, a pequena e mediana empresa, ou ben autónomos, o contraten de xeito temporal ou indefinido.
Se a contratación é temporal cunha duración superior a 12 meses de forma interrompida recibirán un cheque emprego de 1.000 euros por cada traballador contratado. No caso de que a contratación sexa indefinida de xeito inicial, cun mantemento mínimo do contrato de dous anos, se outorgará un chegue de 1.500 euros.
As empresas beneficiarias terán que ter o seu domicilio fiscal en Ourense, e deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa AEAT, así como ao corrente das súas obrigas económicas diante da Tesorería General de la Seguridad Social.
Esta fórmula permitirá estimular a búsqueda activa de emprego por parte dos propios xóvenes, xa que ao outorgarlle o cheque, suxeito a unha caducidade de catro meses, o xoven intensificará os seus esforzos por atopar un traballo durante ese período de tempo. Asemade, a empresa que o contrate se beneficiará da inmediatez no cobro da subvención pola contratación.
Os xóvenes interesados terán que estar inscritos como demandantes de emprego cunha antigüedade mínima de tres meses, ter entre 18 e 35 anos e estar empadronados no Concello de Ourense de forma ininterrumpida durante alomenos 12 meses.
Unha vez que o Concello liderado por Rosendo Fernández publique esta convocatoria, as persoas interesadas poderán descargarse o formulario de solicitude na páxina web do Concello. Trala solicitude, o Servizo de Emprego Municipal realizará entrevistas personalizadas para avaliar o perfil de ocupabilidade do candidato, é decir, a súa actitude, grado de formación, habilidades persoais ou disponibilidade para o emprego.
Para aqueles xóvenes que cumpran os requisitos, o Servicio de Emprego Municipal ofreceralles axuda para redactar o seu curriculo, e irá expedindo Cheques-Emprego ata agotar as dispoñibilidades orzamentarias. No caso de que o tutor detecte carencias formativas ou limitacións que poidan condicionar as súas posibilidades para formalizar un contrato indefinido, se lle proporá a realización previa dalgún tipo de actividade para aumentar a súa empleabilidade e se pactará con el un itinerario integrado de inserción persoalizado, derivándoo hacia aquelas accións formativas que poidan axudalo a atopar un posto de traballo acorde co seu perfil.