Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Manuel Cabezas 2023
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O Comité Executivo do PPdeG aproba a Xestora do PP provincial de Ourense liderada por Luis Menor

Imprimir ppou - 17-Novembro-2023 - 18:33:10 


● Alfonso Rueda: “Onde moitos vían moitas dificultades, todo culminou con normalidade e con xenerosidade”

● Menor: “O obxectivo é conseguir a máxima representatividade de toda a provincia, xuntando a experiencia con xente que nunca estivo na primeira liña política e procedentes dos máis diversos ámbitos de actividade”

● A xestora estará composta por 88 persoas entre membros natos, representantes da política local e integrantes do Consello de Veteranos

13 de novembro de 2023. O Comité Executivo do PPdeG aprobou hoxe a proposta feita polo presidente da xestora provincial de Ourense, Luis Menor, dos 88 membros que formarán parte do único órgano que rexerá o partido ata a celebración do próximo congreso provincial.

Logo de que este órgano aprobase a proposta, o presidente dos populares galegos, Alfonso Rueda, quixo destacar deste proceso interno que “onde moitos vían moitas dificultades, todo culminou con normalidade e con xenerosidade”.

  
  
Pola súa banda, Luis Menor explicou que a súa proposta inclúe unha ampla lista de persoas “para conseguir a máxima representatividade de toda a provincia, xuntando a experiencia con xente que nunca estivo na primeira liña política e procedentes dos máis diversos ámbitos de actividade”. 

Destacou neste sentido a creación dun Consello de Veteranos “con homes e mulleres do partido que atesouran un importante caudal político”.

O obxectivo máis inmediato que ten o PP de Ourense, afirmou, é “poñer ao partido a pleno rendemento para dar a primeira maioría absoluta a Alfonso Rueda e a quinta do PPdeG en Galicia”.

A xestora terá 32 membros natos, entre representantes nas Cortes Xerais, no Parlamento de Galicia, na Deputación Provincial e cargos do Goberno galego; así como outras 47 persoas procedentes fundamentalmente da política local e os 9 integrantes do Consello de Veteranos.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: